A ‘Coz’ do galego

As abondastes axudas económicas que recibe La Voz de Galicia dende a Xunta parecen non ser suficientes para deixar de mofarse dos lectores co seu tradutor automático para a edición dixital en galego.

Por Alberto Quian | Madrid | 29/09/2010

  • versión para imprimir

Son cada vez máis os galegos que coñecen á Voz de Coruña da Xunta de Caixa Galicia de Galicia como a ‘Coz’ de Galicia (en castelán) pola súa liña editorial, mais tamén por estragar a nosa lingua, deixándoa en mans dun maltratador tradutor automático que nos deixa titulares inintelixibles coma este (saliento tipográficamente os erros, que tamén podedes ver na captura de pantalla que acompaña a este texto): “Vos bilingües medran en Galicia e caen vos que só exprénsase en galego” (¡?).

Nestes tempos escuros para o noso idioma, estamos asistindo ao esmorecemento dos medios de información en galego, a piques de esvaerse por mor dun paradoxo sistema de subvencións a dedo e endémico, polo que os medios en galego son os que menos ou nada reciben e os castelanistas, coa ‘Coz’ de Galicia á cabeza, perciben abundantes axudas económicas por ignorar e darlle couces a nosa lingua.

A edición dixital en galego da ‘Coz’ de Galicia é unha mofa e desprezo aos lectores e a nosa lingua. Ben faría Santiago Rey Fernández-Latorrre en desfacerse do inoperante tradutor automático e contratar a xornalistas e/ou tradutores. Eu ofrézome a axudarlle a deixar de face-lo ridículo e a xustificar os cartos que percibe da Xunta polo emprego do galego.

Teño que dicir que nestes días estou rematando a construción e deseño da nova páxina web de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), que estrearemos nos vindeiros días. Como responsable da área dixital da ONGD e da construción da nova web, unha das miñas principais teimas foi facer unha páxina bilingüe, galego-castelán. Era parte das esixencias que ten unha ONGD cun marcado ADN galego, pero que tamén traballa no exterior con persoas e colectivos castelanfalantes que descoñecen a nosa lingua e que son parte do noso target. Ben, pois negueime a aplicar un sistema de tradución automático dos contidos, ben fose galego-castelán ou castelán-galego. A tradución da web, de toda a web, é manual: menús, categorías, módulos, tags (etiquetas), textos… Isto suponme un gran esforzo nesta fase previa de artellamento da páxina e tamén suporá un importante esforzo na xestión e edición dos contidos, mais o esforzo paga a pena. Os que traballamos coas palabras temos a obriga de coidalas e de estimalas.

No caso da ‘Coz’ do galego —cuns recursos técnicos e económicos envexables para AGARESO—, son moitos os exemplos das súas corrupcións lingüísticas que circulan entre os seus lectores e non lectores e que nos fixeron rir a esgalla. Mais eu, xornalista que vexo con pesadume a desaparición dos medios en galego e a destrución de emprego no meu sector, xa non escacho da risa cando vexo o menosprezo da ‘Coz’ ao noso idioma; eu denuncio o maltrato ao que somete a ‘Coz’ ao galego.

http://www.galiciaconfidencial.com/ficheros/2010_9_25_3275.jpg

Alberto Quian




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

32 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 14

    iván

    ¿Qué opinas do traductor automático de xornal.com?


    13

    Fernando

    Ai ho!! Pero isto tenche fácil solución! Deixar de ler esa merdada castelanista (mesmo na súa versión "traducida ao galego") e, séndomos cada vez máis, veríades como as cifras de "leitores" das que presume o xornal caen en picado.


    12

    Daniel

    Si de mi dependiera eliminaría todo tipo de subvenciones a los medios de comunicación, fuesen del tipo que fuesen, pero no se porque me da que en tal caso los únicos que sobrevivirían serían en castellano. Algo similar ocurre en Cataluña, diga lo que se diga.


    11

    ral

    A Nosa Terra no tiene edición web en español. Son curisoos estos fascistas hispanofóbicos que s ehacen pajas pensando en una galiza monolingue so en galego: los medios en español deben cumplir el deber sagrado de tener la opción en gallego, pero cuando se trata de un medio en gallego, no pasa nada si niega el derecho a leerlo en español. Por eso las ayudas públicas deberían ser a los medios que por lo menos en su página web, tengan las 2 opciones lingüísticas y no solo una. Por eso os mereceis sentiros extranjeros en vuestra propia tierra: es la penitencia que pagais los que considerais al español una lengua extranjera en Galicia. Y lo que os queda por roer, jojojo! El español es a nosa lingua de muchos gallegos, y ya es demasiado tarde, ya está naturalizado, jodeos. Asumidlo, fanáticos. Estamos divididos en comunidades linguísticas y los hispanofóbicos sois una de ellas, en clara regresión y con cada vez menos poder politico y social.

    1 resposta
    1

    Por lar: Anda mimá ti de onde saíches? Non liches o artigo. Faino e despois le o teu comentario a ver quen é o fanático. E as subvencións que recibe a Voz da Coruña non son para uso do castelán e tradución ao marciano, xa che gustaría, senón para uso do galego. Canto pailán fantático da dereita españolista hai solto na nosa terriña


    10

    Nambuangongo

    Tão honrado é quem lê essa merda. E digo-o tanto pola qualidade linguística como pola qualidade informativa. Se é o jornal de maior tirada só é porque há muitos burros a ler. E muitos deles vão de galeguistas. Também te oferecerias para traduzir LibertadDigital?. Enfim, para melhorar a Coz nada melhor que o BoiCoz!


    9

    Daniel

    O mellor sen dúbida é desengancharse de La Voz. Eu conseguino e orgulloso estou de facelo. Eles ao seu e nós ao NOSO.


    8

    Lugh

    Eu xa non leo a Coz vai ben anos. É un xeito máis de españolización da Galiza. Limpa a túa mente, non leas a Coz.


    7

    Tur

    Ler xornais escritos directamente en galego e morreu o conto.

    2 respostas
    1

    Por Manoliño: Lamentablemente, non teñen lectores, e pechan. Eu supoño que calquera concederá que os empresarios queren gañar diñeiro e non que as súas empresas pechen. Se os estudos de mercado indicasen que os lectores de xonais aceptan o galego e non teñen problemas á hora de ler en galego, sairían xornais en galego, pero pechan. O pobo galego rexeita ou non merca aquelo que se escrebe en galego, lamentablemente. Así de claro e cru.

    2

    Por Tur: Hai varios xornais; se pecha un, hai outros. E dándolle voltas ao conto o peche de Vieiros tampouco é tan estraño. Cando naceu Vieiros, case que era o único xornal escrito integramente en galego. Por sorte hoxe temos un abano de puntos de vista dende a independentistas internacionalistas a sitios como Galiciaconfidencial sen medo a criticar a quenqueira que sexa. Eu estou contento de ollar esta diversidade. E mentres haxa xornalistas que nos describan este mundo na miña lingua, aquí teñen un lector.


    6

    André

    Target deve ser hiperenxebrismo, nom é?

    1 resposta
    1

    Por raxozorza: É uma piada de muito mal gosto.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Alberto Quian

    Naceu en Vigo o 7 de agosto de 1976. No ano 2000 comezou a súa carreira como xornalista, sempre ligado aos medios impresos, ata que no 2008 deu un xiro co Máster en Periodismo Dixital da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Dende entón desenvolve o seu traballo no eido dixital. Especializouse en Investigación en Medios de Comunicación pola Universidade Carlos III de Madrid. É doutorando en Investigación en Medios de Comunicación e o responsable de Redes Sociais de Galicia Confidencial, labor que compaxina coa súa actividade en internet a través do seu blog e redes sociais, e con traballos para distintas empresas públicas e privadas no eido dixital e en medios tradicionais. Blog: www.mcshuibhne.com. Twitter: @McShuibhne