Por Ubaldo Cerqueiro | Malpica | 15/03/2011
A fin de semana foi completa no Concello de Malpica. A falta de poder achegarnos a ver á Mikaela, unha das citas máis singulares do entroido costeiro (mándenos as súas fotos da Mikaela), quedamos en Cerqueda para disfrutar dunha Polafía moi especial. E da man de ninguén que Xosé Manuel Varela Varela para presentarnos a iniciativa.
E é que este ano a Polafía de Cerqueda foi grabada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, para ter unha fonte primaria de incalculable valor patrimonial. A sesión tivo lugar este domingo 13 de marzo no Restaurante Aldeola. e da man das activas Asociación de Veciños Monte d’Arxa (AVMd’A) e a Asociación Cultural Raigañas (ACR) a AELG puido desenvovler as grabacións.
Polos micros pasaron Copleiros, narradores, danzantes e músicos tradicionais, fundamentalmente de Cerqueda, pero tamén doutras parroquias de Malpica de Bergantiños e que recordaban contidos de literatura oral que fan referencia a Cerqueda.
Houbo un pouco de todo. Comezaron por romances da man de Miguel Anxo Calvo e Isidro Novo. Manolo do Vinculeiro, Javier Couto Castro e Eliseo Couto trouxeron os seus contos e lendas. Suso e Antonio de Xornes puxeron voz á regueifa de Bergantiños; Alfredo Caiño, Encarna Suárez, Mercedes Queixas e Isidro Novo contaron as Letanías da Coresma.
As comparsas chegaron dende a Pontella, con Teresa dos Cucos; e as Coplas foron obra de Evangelina Trigo. A mesma sacou a pandeireta xunto a Dolores do Vighán, ademais das pandeireteiras pequenas e medianasda Raigañas como Mar Suárez, Anxos Verdes, Sofía Vila, Estela Arnaud, Icía Varela, Ángela Varela, Rita Pose, Andrea Suárez, Raquel Pose, Mar Costa, e Noelia,
Tempos de madamitos e Ghuadineiros
E se por Ourense teñen peliqueiros, pantallas ou cigarróns, en Cerqueda temos “Madamitos e Ghuardineiros”. Estes singulares persoeiros realizaron un completo percorrido pola parroquia levando as súas pezas cantadas e os bailes.
A fin de festa a puxeron os Gaiteiros da Raigañas, que tocaron o “Pasodobre de Cerqueda”, a “Carballesa de Melide”. Aí esriveron os Miguel Garrido, Sebastián Garrido, Javier Rodríguez, Víctor Suárez, Anxos Verdes, Adrián Martínez, Raquel Pose, Aitor Pose, Mar Costa, Samuel Costa, Pablo Garrido e Sergio Varela. Máis en quepasanacosta.com
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting