Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Estou a revisar as probas do meu próximo libro, que levará por título Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Trátase dun manual de autoaxuda con consellos prácticos para podermos desenvolver a vida en galego.

Por Carlos Callón | Santiago | 30/04/2011

  • versión para imprimir

A primeira idea era que se chamase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e non acabares cunha úlcera de estómago. Había algunha xente amiga entusiasmada con esa brincadeira, mais ao final optei por deixar fóra esa última parte, xa que podería dar unha imaxe demasiado negativa.

O volume, que penso que dará moito xogo para todas as persoas con sensibilidade ou consciencia lingüística, chegará ás librarías dentro dunhas semanas. Porén, mañá mesmo farei un adianto dos seus contidos nas Xornadas de Lingua e Literatura que realizan a CIG-Ensino e a AS-PG en Santiago de Compostela.

Mañá será, pois, un día intenso. Despois deste seminario sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, as compañeiras e compañeiros da Mesa realizaremos a nosa asemblea xeral anual. Xa pola tarde, desenvolverase o grande acto nacional de Queremos Galego na Sala Capitol de Compostela.

Se aínda non tes entradas, resérvaas aquí. Se non, achégate para adquirilas na billeteira da Capitol. O que non podes facer en ningún caso é faltar!

Antes desta voráxine de actividade, este mesmo serán realizarase a presentación en Boiro do libro En castellano no hay problema. Será ás 20.30 h no centro social da localidade e penso que as compañeiras e os compañeiros de Barbantia pensaron un esquema de evento diferente ao doutras ocasións.

Non quero terminar esta entrada de hoxe sen antes amosar toda a miña solidariedade e todo o meu apoio ao equipo de normalización lingüística do IES Lagoa de Antela, que está a padecer unha campaña de difamación por parte dos grupos contra o galego que alimentou o PP. Podes transmitirlle tamén o teu apoio deixando un comentario nesta ligazón.

Carlos Callón




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

67 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 13

    tino

    o PP usa a Xunta para valeirar de dereitos aos cidadáns deste país, se están tan en contra das autonomías por que se presentan a esas eleccións?


    12

    Alexandra

    Concordo con José Manuel López. Eu entendín que a culpa, do retroceso do idioma propio, é do Goberno Galego actual, das empresas que o menosprezan, dos biligües falsos/as...mais tamén do BNG (non sei porque pon UPG de seguido) pola imaxe de radicalidade lingüística e intransixenza. Aquelo de "la maté porque era mía". Ademáis o BNG quere o monolingüismo social en galego. E iso, modestamente, e estar fóra da realidade.

    5 respostas
    1

    Por Porco Jones: Alexandra, iso non é certo. O BNG quere discriminación positiva para o galego. É normal, o galego é uma lingua minorizada é o castelhano é un xigante (uma lingua do mundo). ¿Ou é que pensas que Catalunya é monolingüe? O que eu penso é que algúns sodes tan moderados que estades a deixar morrer a nosa lingua, que xa está bastante fodida por un proceso de hibridación/sustitución no que o castelhano ganha por goleada.

    2

    Por iscream_icecream: Podes dar un exemplo desa radicalidade por favor? Respecto e educación non implican non ser firme na defensa de parte da cidadanía cando sofren de inxustizas. Que é ser radical, defender a xente a que despiden por falar en galego? porque iso pasa no noso país, e so o BNG de entre os grupos parlamentarios fala diso. Que é intransixencia, defender que a escola poida ser o lugar onde os rapaces castelán falantes aprendan galego tamén e poidan así escoller? Iso é radical. Respecto e educación, pero non confundir iso con negociar cos malos tragos que pasa a xente que aínda non abandonou o galego.

    3

    Por Porco Jones: Os nacionalistas espanhois tenhen usado ise truco moitas veces, e seguen a facelo, se non es espanholista es un radical, se defendes uma cultura que non sexa a castelhana es un extremista...xa aburren, minten e saben que minten, pero isa é a estratéxia...

    4

    Por Arenga: Gosto destes que vam de amantes da lingua para quedar bem mas depois criticam a quem o defende e felicitam a quem o quer fazer desaparecer.

    5

    Por Porco Jones: Arenga, demasiadas palabras para dicer algo moi sinxelo. Perméteme que reformule o teu comentario: "Gosto dos hipócritas". Melhores Cumprimentos.


    11

    iscream_icecream

    Si, totalmente certo, o bng sempre di en galego só podemos falar nos e ninguén máis e o galego inventámolo nós no 87. E quen diga o contrario vive noutra realidade. Eu tamén quero reinvindicar dende aquí que estou farto de que a xente que recicla se apropie da idea do reciclado,de feito eu creo que a culpa da acumulación de merda nos nosos vertedoiros e deles e non da xente normal que non reciclamos, home xa, hai que cargar contra eles con estupidas críticas destrutivas, e todos eses que fan deporte a cotío sempre parecen que se apropian da idea de que o deporte é bo, tan fachendosos, son uns extremistas, a sociedade estaría mellor sen eles. AHH como me gusta o post-modernismo, non facer nada e non apoiar a nada e estar así tan cómodo no meu sofa para poder críticar todo o que intentan facer os demáis. Creo que vou a saír nos libros de historia e todo!


    10

    Arenga

    Que alguem mo explique pq vejo mentes muito inteligentes as que nom me podo compar. Assim que: -A culpa da perda de falantes do galego é dos que tratam de defede-lo, nom? namentres os que o atacam, proibem, insultam e despreçam nom têm culpa de nada. Menudos sábios hà neste foro.


    9

    José Manuel López

    1. No retroceso do idioma propio o BNG-A Mesa ten a súa parte de culpa, polo apropiamento e imaxe de guerra lingüística que dá da cuestión. As aptitudes sectarias co idioma, como cando a UPG fundara a plataforma fracasada Queremos Galego. Xa afundiran a plataforma Nunca Máis. 2. O idioma galego reverdecerá se Galicia quere e punto. Senón ficará no gueto nacionalista do BNG-UPG e no seu mundo aillado da realidade. O BNG-UPG representa ao 10% da poboación galega, recordovos. E é vista polos galegos como unha forza política de esquerda extrema. 3. O 90% restante da poboación, esa é a Galicia real, goste ou non goste. 4. A Mesa non é unha asociación independente. - É o brazo lingüístico da UPG - Os seus asalariados/as son militantes do BNG-UPG. - O señor Callón é destacado militante da UPG. Xa non engañades a ninguén. O conto colou mentres la cosa estaba dormida.

    7 respostas
    1

    Por Rayleigh: Cantas tontadas xuntas. A escribiches ti soiño ou alguén axudoute? Pois para ser o 10 %, si que vos molestades!! Claro..a culpa é dos que falan galego a todas horas!! Menudas mentes privilexiadas. Iso sen contar con que o BNG, é responsable da crise económica, do caciquismo, do feísmo....E namentras, os pepeiros de rosiñas. Non, si os que vos chaman cipaios van ter razón é todo! Por certo..non me estrana que para ti o BNG sexa esquerda extrema!! Se os de dereitas-ultradereita de todala vida chamadesvos de "centro". Pero homiño..o problema non é do BNG. Es ti quen estás descentrado.

    2

    Por Manolo2: Excelente resumen de la desastrosa actuación de la Mesa y de su jefe Callón, conocido por su solidaridad con Batasuna, al igual que Mendez Ferrín, actual jefe de la RAG. Ellos mismos están cavando con singular ahinco la tumba del gallego al asociarlo a la extrema izquierda, la imposición y la violencia.

    3

    Por Mon: Concordo con José Manuel. Coma min, moitos galegofalantes estamos fartos de que se politice a lingua que é patrimonio de todos...

    4

    Por Rayleigh: Exactamente en que consiste esa politización? En que estas persoas falan galego? E se falasen en castelán, estarían politizando este idioma? E o PP, o falar castelán non o politiza? Vaites vaites...Que cousas se inventan os acomplexadiños...E o de extrema esquerda o BNG, queda moi ben para sectarios varios...

    5

    Por CranioF: Non, Ray, en que se introduce política no labor de promoción da língua, iso é o que criticamos. Non é tan difícil de entender! Non no que falan, senón no que DIN.

    6

    Por Rayleigh: En que se introduce? É que din? Cando o conselleiro Valera dixo que a cultura galega acomplexaba (ou algo parecido), estábaa politizandoa? Cando algúns relacionan galego cunha opción política determinada (en vez de evitar facer esta relación), tamén están politizando? Se ti é o teu ídolo manoliño, non facedes outra cousa!!

    7

    Por Porco Jones: CranioF, promocionar a lingua non poden, pero a prohibir o seu uso en certas materias tenhen sido ben rápidos os teus amigos PPros. Coherencia Cranio, coherencia...


    8

    Sara

    Entrada orixinal, coas ligazóns que aquí faltan: http://www.carloscallon.com/2011/04...


    7

    Mª Luz

    Callón, qué ben vives do conto. A línguaa non hai que DEFENDELA...non está en guerra. Hai que promocionala, acercarse aos sectores con capital e que a usen... Despois de cada orxía das túas, non hai en Galicia un comercio que comece a usar o galego, nin unha casa de xantar, nin un avogado... Coas túas opinións viscerais faslle dano ao idioma propio. Galicia non sodes os bloqueros. A ver se te enteras.

    21 respostas
    1

    Por Porco Jones: Mª Luz, hai que defender o que é ATACADO. E a nosa lingua está a ser atacada polos nosos proprios governantes. Por outra banda, deixa de intoxicar, A MESA é uma organización INDEPENDENTE, na que milita xente de tódalas tendencias. Fai o favor, a propaganda eleitoral vaina facer a outro siti. Grazas.

    2

    Por Andamolho: Mª Luz!! Mª luz!! que teima tedes conque o BNG e o verdadeiro mal do galego,a quen pretendedes enganar HO!!,porque no canto de botar lixo contra quen apoia o idioma proprio desta terra como el entende melhor que se debe apoiar non facedes omesmo contra do verdadeiro cancro que ten a lingua,claro que o galego precisa de promoción mais que está a evitar a promocion do galego?,Callon?o Bng? o nacionalismo? ou os sectores mais espanholistas e retrogrados desta sociedade?eses que tenhen verdadeiramente o poder de facer ou desfacer?A ver se te enteras Mª Luz de que e o verdadeiro inimigo do Galego e deixas de facer palhas mentais.

    3

    Por Manoliño: Por coJones, deixa de defender ao teu amado Callón e dalle á lima das uñas, ao ganchillo, ao brilé, ao cinquillo ou á mariola, que é tanto o teu como o de Callón. O que defendedes tanto ti, como Callón, é vivir de glogló toda a vidiña, da política. Adicado aos dous: Loca, loca, loca xD

    4

    Por CranioF: Ai Andamolho, nervioso eh?. Relax, boi, relax. Parece que somos moitos, eh?. A utilización da língua polo nacionalismo é o verdadeiro cancro. Non digo que non vos doa ver esmorecer a língua, sinceiramente penso que sí. Pero aquí ningún nos temos caído dunha árbore, ben sabemos que para moitos nacionalistas a defensa da língua é excusa e veículo para o adoctrinamento político dos rapaces/as. Os nacionalistas galegos suspirades por acadar os niveis de conciencia nacionalista de Euskadi ou Cataluña, e ben sabedes que a única maneira é formar novos nacionalistas. Mecanismo sectario onde os haxa. Seguide a facer daño, realmente o que máis vos importa é iso. E ós que non pasamos polo aro quere dicirse que somos GB's, FAES, pepeiros, españolistas, retrógrados.... Sinto decepcionar, eu só son galego e español, e con iso teño abondo. E a gran maioría coma eu. Escoita un pouquiño "Here comes your man" dos Pixies, é relaxante. Saudos.

    5

    Por Rayleigh: Interesantes reflexións de Cranio. Coma sempre erradas. Se tanto vos preocupa que o galego o empreguen so os nacionalistas, pois tedelo moi fácil: apropiadevos tamén vos da língua. Pero claro, iso convertiríavos en sospeitosos radicais independentistas en vez de dicir que tamén pódese ser español falando galego. Hai moito covarde entre a xente coma ti, cranio. Se o único que teñen os rapaces que queren falar galego é o ámbeto nacionalista, habería que preguntarse quen está fallando: se a xente coma ti, ou o BNG. EVIDENTEMENTE non optarán polo PP!! Pero claro, para que molestarse se podemos botarllela culpa ó BNG, A Mesa ou a quen se poña por diante? Se tanto mal están facendo a Mesa polo galego, que está facendo a xente coma ti cranio? NADA quizais? Xa hai demasiadas galiñas nos corrais...

    6

    Por Manoliño: O problema e o gran dano que lle fai o estalinismo ao galego é que ninguén cre o que din. Todo o mundo sabe que son mantidos, que queren vivir toda a vida da política e empregan a lingua como mera excusa. Como estas posicións tan radicáis nunca serán asumidas pola maior parte da sociedade, teñen ocasión de laiarse e facerse a vítimas, o que tamén lles da ocasión de chuchar subvencións e manter a súa trama clientelar. O galego non morrerá por falla de axudas, senón por ter como modelo a señores como os upegallos que non son un modelo para ningún galego medio, e non me refiro agora ao físico ¿Pero é que un filólogo galego ten polo común unha intelixencia fora do común? Sábeno, pero dalles o mesmo porque van polo cartiño e a enchufar á xente, como fan algúns académicos da RAG na propia institución.

    7

    Por Rayleigh: Vaia manoliño..de quen estás a falar? Dos do PP? Sería interesante ver cantos viven da política no PP, por exemplo. Seguro que son 4 ou 5 veces máis que toda a militancia do BNG xunta. Pero sen embargo, nin te escandalizas. De esto non falas, eh galiniña? Estouvos preguntando a ti, e o teu pelota oficial (por que non fai outra cousa por aquí) se hai alguén ou algunha asociación que de verdade estea dando pulo o noso idioma fora da Mesa. Ti falas da UPG, cando seguramente o 90 % da xente non sabe nin de que estás a falar. Sería interesante manoliño que deas nomes dos académicos que están na RAG polos cartiños cando a Xunta non da nin un peso a esta. Ou é que eles un falabarato?

    8

    Por Manoliño: Non te me alporices... Mira kolega, aquí os que ides de legáis, os que denunciades o Gürtell ou as merdas de Baltar sodes vos... e facedes o mesmo. O PP ten mais merda que vos porque ten mais poder, pero eu che digo, e poño un exemplo concreto, que cando tendes algo de poder facedes o mesmiño que criticades. Na RAG, o presi ten traballando a dúas parentas, entre elas a filla. E outros académicos teñen aos fillos e nalgún caso penso que até á moza, que poden ser bos rapaces, pero paréceme unha inmoralidade como as de Baltar ¿E quen cres que paga eses soldos mais que a Xunta e outros organismos públicos? Eres o nacionalista arquetípico: mintes mais que dentes tes. E non é que te trabuques, é que mintes conscientemente para enganar. E xa que estou refraneiro, había un que dicía que os que durmen no mesmo colchón vólvense da mesma condición.

    9

    Por Manoliño: Aquí un que eu coñezo, que para nada lle sobra a guita, tivo ocasión de reclasificarse por vía xudicial e gañar un pouco mais, que non lle sobran os cartos. Pero tense por un tío legal, e xa se reclarsificará, non meténdolle un pleito ao patrono, senón polas vías legais e reglamentarias. E se para iso o mes pasado está na conta corrente con 3.48 € desde o día 24, fódese, pero nin rouba, nin usa influencias, nin fai sinvergonzadas. Non todos somois iguais, neno. Pobres, pero honrados, que é o que importa, a dignidade.

    10

    Por Andamolho: CranioF,alagame que te preocupes tanto pola minha saude sempre e unha honra saber que un merece tanto interese pola tua parte,só dicirche que a min importame un caralho o que ti sexas non sei porque a ti che preocupa tanto o que sexa eu,hoxe sinceramente tenho poucas ganas de che contestar asi que nada meu que descanses que boa falta che fai tanto cavilar no que eu penso fago e digo debeche ter a cabecinha cansa.Aburinho companheiro.

    11

    Por Porco Jones: Manolo, isa foi a pinga que encheu o vaso, acabouse, non quero ter mais contacto contigo. Para min non existe Manolinho e para ti non existe Porco Jones.O comentario que me dirixes neste fío non me insulta a mín nen a Callón, somentes amosa quém es, ridiculizas a toda uma comunidade de cidadáns, e utilizas as cousas maís privadas duma persoa para atacala nun foro!!!. Es un verme malvado e estúpido. Repito, Porco Jones non existe para ti.

    12

    Por Porco Jones: Por outra banda, para saciar a túa curiosidade, se queres conhecer á persoa que hai detrás do nick non hai problema, cando queiras. Que quede claro que as minhas intencións non son malharte como seguro mereces, espero que se nos vemos, sexas quen de te comportar porque a violencia é un recurso que non gosto nen adoito usar, pero no caso de que se che ocurra alguma “gracieta” como a deste fío, vai ser melhor para a túa saúde, que a gardes para outra persoa.

    13

    Por Manolo2: Manoliño, toma precauciones, que con esta gente nunca se sabe.

    14

    Por Rayleigh: jajaja que si manoliño..Familias enteiras vivindo a costa do partido! Todos militantes do PP, con carnet na boca..Pasa o mesmo nas dictaduras comunistas que se non formas parte do partido non podes optar a ningún posto público. E os mesmos que proclaman a súa honradez, teñen pufos millonarios. Eres un hipócrita manoliño..Onde podo atopar eso da RAG. Ou é o de sempre? Inventado cousas para facer ver que todos son iguais? Das mágoa. Sabes? Dame o mesmo que sexas un fanático ou un troll que te divirtes poñendo cousas para provocar. As dúas situacións van dar no mesmo tipo de persoas: un pobre home sen moita intelixencia e cunha vida moi triste.

    15

    Por Manoliño: Por coJones, senón queres que me dirixa a ti, non participes nun foro público. Mentres o fagas eu te puteo, como ti puteas a Manolo2 chamándolle Manola. Gracias Manolo2, pero en mi caso, y no voy de víctima, prácticamente todos los días recibo amenazas de muerte, entiendo que para que me calle, precisamente por contar cositas como las que conté de la RAG. Se va a callar ante la panda de ladrones que van de legales, su p.m. Así que donde queráis y cuando queráis. Con tíos sin dignidad como el Rayleigh, que pese a saber que lo que denuncio es cierto, se la suda completamente con tal de beneficiar a su trama clientelar, ni me acojono, ni me amedrento.

    16

    Por Manolo2: Bien Manoliño. Di más bien que intentan putearme para desvíar la atención sobre mis/nuestras críticas, que son incapaces de rebatir. Pero solo consiguen probar su incompetencia intelectual y su miseria moral. Nada más. Y lo de Rayleigh, es lo que mismo que decía Roosevelt de Somoza: es un hijo de puta, pero es nuestro hijo de puta.

    17

    Por Rayleigh: Recibes ameazas de morte? Si home si. E eu son millonario! O mellor son dos teus que como falas galego queren "eliminarte". Vaia os manolos andan nervosos! Manda eggs, ver a un pepeiro falando de "trama clientelar"! Os manolos pensando que todalas nais son como as súas. A ver se queda claro: non todos temos nais tan "alegres" como as vosas. Non xeneralicedes. Isto é como o dos políticos, non manolos? Todos son iguais? Pois non manolos. Nin as nais nin os políticos son todos iguais.

    18

    Por Manolo2: Buen día para hablar de las madres, de quien vosotros ni sabeis quien son. Ya, ya se que estais muy desconsolados después de la muerte de vuestro amado lider Ben Laden a quien los americanos tuvieron el buen gusto de mandar al infierno. Claro que no, los políticos no son todos iguales.

    19

    Por Rayleigh: jajaja..segue manolo dándome a razón. Xa cho puxen na resposta 14, ó final. Xa che dixen que non xeneralices coas nais e non metas a Bin Laden por medias que seguro que andaba facendo negocios cos Bush e ven Obama e o mata!! É curioso que o amigo de Ansar estiverao "buscando" 8 anos cando estaba tan a vista...Bush debe andar desconsolado.

    20

    Por laura: xente, e non nos poderiamos ver nun bar, por exemplo, pra discutir tranquilamente de tudo isto? ao mellor cara a cara se desalteran os ànimos e cada quen pode defender a súa opinion, sabendo que non imos sair dali concordando, pero quizaves entendento mellor a postura dos outros?

    21

    Por CranioF: Probablemente teñas razón, Laura.


    6

    Manoliño

    Bueno, bueno... E do meu, ¿que hai? Quero dicir que os galegos queremos saber canto abrocha en subvencións a Mesa, sexa pola UE, o desgoberno de Zparo, as deputacións, os concellos e mais entidades públicas. As privadas non me importan. Tamén queremos saber cantos socios ten en realidade a Mesa, descontando xa que logo os mortos que aínda teñan como socios vivos e mais os que entraron no chiringo e non pagan as cotas. De nada.


    5

    Teresa

    Solidaridade co equipo de Dinamización Lingüistica do IES Lagoa de Antela http://www.blogoteca.com/ofalarnont...

    1 resposta
    1

    Por Manolo2: Muy coherente también: los problemas de Carlos Callón con la policía: El presidente de la Mesa pola Normalización acusa a dos policías de maltrato contra él y su novio http://www.elcorreogallego.es/index...


    4

    Manolo Kabezabolo

    a entrada é de 5 euros, lóxico pois hai que cubrir os gastos...xa que o PP NUNCA lle deu un peso á unha das asociación mais importante de Galicia. Home os cartos mellor para a orde da Vieira


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Carlos Callón

    Carlos Manuel Callón Torres (Santa Uxía de Ribeira, 1978) é profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario. Filólogo, publicou varias obras sobre o idioma, entre elas "Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela)" e máis recentemente "En castellano no hay problema". Ex-concelleiro do BNG, preside a Mesa pola Normalización Lingüística, unha das maiores asociacións do país. Podes consultar os artigos en www.carloscallon.com