Gracias

Moitas gracias a todos e cada un dos 105.171 lucenses que o pasado día 22 de maio votaron ó Partido Popular.

Por X.M. Barreiro | | 06/06/2011

  • versión para imprimir

 O seu apoio, que supón o 47 por cento dos sufraxios emitidos (3.216 votos máis que PSOE e BNG xuntos) fixo que acadáramos o segundo mellor resultado de Galicia e mantennos como a formación política maioritaria nesta provincia, mellorando incluso nun cinco por cento os resultados de 2007.

Gracias por confiar nos candidatos e candidaturas coas que concurrimos ás eleccións municipais nos 67 concellos da provincia. Unha confianza que fixo posible que, con respecto ás anteriores municipais, o Partido Popular mellorara os seus resultados en 56 concellos e gañara en 50, por maioría absoluta en 40 e por maioría relativa nos outros 10.

Gracias a todos por converter ó Partido Popular na forza máis votada en cinco dos seis partidos xudiciais ó mellorar os resultados tanto porcentualmente coma en número de votos. Un respaldo que permitirá que o vindeiro día 11, cando se constitúan as corporación locais, tomen posesión da súa acta 385 concelleiros do PP e que, un par de semanas despois, fagan o propio os 12 deputados provinciais.

Gracias a todas e cada unha das 105.171 persoas que escolleron a papeleta do Partido Popular por respaldar as nosas propostas electorais; por crer que outro xeito de gobernar é posible e por confiar ese importante cometido ós homes e mulleres que conformamos o Partido Popular.

Gracias a todos os militantes e simpatizantes do Partido Popular por contribuir, co seu traballo, adicación e esforzo, a transmitir as ideas, mensaxes e propostas que defendemos durante a campaña.

Gracias, en definitiva, ós 227.479 lucenses que o pasado 22-M exerceron o seu dereito ó voto e colocaron á nosa provincia á cabeza de Galicia no que ó índice de participación se refire, dando así un exemplo de compromiso, responsabilidade e madurez democrática.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
5

San Agustín

Eu tamén te felicito a ti. Sodes a forza política máis votada. Máis non me pode aledar ver que un partido que nin está nin se lle espera na defensa da lingua e cultura propias sexa o referente dos cidadáns galegos. Ti amáis eu, e calquera que queira velo, verá detrás de vós máis afinidade con Esperanza Aguirre que con calquera galeguista. É o que hai. Tede tino que cando chegue Rajoy á Moncloa ídevos a subir á parra e intentaredes ningunear ás nacionalides, niso verase claramente o rompeespaña. Cantos máis anos gobernedes en Madrid máis se descompoñerá o estado plurinacional. Falaredes de novo catalán na intimidade e aos cidadáns vascos intentaredes aplicarlles a forza da Lei para reducilos. Daravos mal resultado, e senón tempo ao tempo.


4

os de sempre

¿cómo se dí,gracias ou grazas? ¿e éste foi conselleiro?


3

PAPUXA

Canto chorou dona Susana o día das eleccións¡¡Os de Chantada NON te queremos, nin a ti, nin á túa Ruedamafia.E os do INTA morrendo de risa, ha, ha...


2

pascual

Eu felicito á Susana Abella, pero non teño o seu enderezo así que mándalle recado.


1

DanielErreCe

Pois eu doulle o meu pésame ao resto de lucenses que non vos votaron.


Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog