Por Xurxo Salgado | Santiago | 07/06/2011
Hai agora 23 anos, dous funcionarios moi novos do Grupo A da Xunta reclamaban para este colectivo o 100% das retribucións básicas e complementarias. Unhas retribucións que, na actualidade, foron recortadas nun 5% e que, probablemente, aínda sufran novos recortes.
Estes dous funcionarios meteronse a sindicalistas e formaron parte da candidatura que AFICA, unha organización sindical, entón de novo cuño, que se presentou ás eleccións sindicais de 1988, cando o socialista Fernando González Laxe gobernaba na Xunta.
Tamén foron funcionarios
Dous ex sindicalistas e ex funcionarios que son hoxe o presidente da Xunta e futuro alcalde da Coruña, Alberto Núñez Feijóo e Carlos Negreira, respectivamente. O primeiro deles mantén, curiosamente, un duro enfrentamento cos seus ex compañeiros aos que chegou a acusar de ser uns “privilexiados” e de “ausentarse” do traballo.
Fai 23 anos, Feijóo defendía todo o contrario do que agora tendo en conta o programa co que se presentou a súa organización sindical. Entre os puntos que defendía estaba “o recoñecemento do 100% das retribucións básicas e complementarias” dos funcionarios.
Recoñecemento dos funcionarios
Pero tanto Feijóo como Negreira defendía tamén o acceso á Función Pública de todos os funcionarios interinos e contratados administrativos, “asegurando en todo caso a estabilidade no posto de traballo”.
Ademais, reclamaban a “mobilidade” no posto de traballo en caso de que non se accedera á Función Pública e a Homologación de niveis mínimos retribuidos dos diferentes grupos da Función Pública.
A vida sindical e funcionarial de Feijóo e de Negreira foi moi curta. A principios dos 90 ambos os dous pasaban a desempeñar responsabilidades políticas no primeiro goberno de Manuel Fraga. Desde entón, as súas carreiras políticas foron en ascenso e ningún dos dous volveu xa a ocupar o seu posto de funcionario do Grupo A.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Pode-se chegar a ser tão PPodre e não cair-che a cara de vergonha?? Pois, PPode-se. Tivessem AFICAdo o dedo no c... e taríamos agora todos mais contentes!
Pecaditos de juventud!! ¿Quén non foi un pouco rojo na sua xuventude? Menos mal que logo ao ver a luz e coñecer don Manuel o Lider Supremo recuperou a cordura. De ahí lle ven o seu espíritu socialdemócrata, e como él dí pasará a istoria por ser fundador da Sanidade Pública, como Franco pasou como un militar algo autoritario e Fraga como o fundador da Democracia. Xa sabemos que os gañadores sempre escriben a istoria como mais lles conven. E os seus votantes seguirán a bebear.
Que pasa cos pactos firmados entre o Sindicatos e o ex SINDICALISTA sr FEIJO,con un decretazo mandaron o "CARAJO" e os sindicalistas non foron eles o carajo, sinon que mandaron os traballadores, que pasa coa carreira profesional? como pode haber profesionales que cobran moitisimo menos tendo a mesma categoria e facendo o mesmo traballo? eso e CONSTITUCIONAL? movedevos traballadores do SERGAS,estades dormidos o que algo quere algo lle costa,non seamos muermos.............peleade.
Mais de un cando se atopa “arriba”, é dicir, que prospera e aumenta na súa vida profesional. Non soe lembrase do onde proceden. De cales foron os seus comezos, os seus ideais, as súas loitas. Os novos cargos “súbenselle” a cabeza, magnifícanse. Pero quizais algún día alguén ou algo lles faga lembrarse disto. Aínda que o mellor ese día será tarde para rectificar. Por outra parte debo lembrarlle que todo o que sobe baixa.
Actualmente está en curso un proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A1 da Xunta de Galicia. O que queren os interinos é que aproben o último exame todos os opositores, dada a súa peculiar interpretación das bases (olvidándose dos principios constitucionais de mérito e capacidade no acceso á función pública). O tribunal que xulga o proceso aprobou a 63 persoas, e os interinos pretenden que o tribunal ou a Dirección Xeral da Función Pública modifique esta resolución para que aproben todos os presentados. Esperemos que tanto o tribunal como a DXFP non pasen polo aro e se manteñan na súa postura. O primeiro exame tivo unha nota de corte de 1 pregunta correcta sobre un total de 120 preguntas tipo test (sí, contestando 1 pregunta ben e deixando 119 en branco aprobabas o exame). E agoran os interinos pretenden que o segundo exame tamén o aproben todos, e o que menos tota teña tamén pase o exame eliminatorio.
Por IndignadoSubgrupoA1: http://www.onlineadams.com/foros/vi...
Por IndignadoSubgrupoA1: http://funcionpublica.xunta.es/?q=n...
E estes dous, que eran, de carreira ou interinos? Entraron primeiro coma interinos, coma moitos outros, p. e. o Baltarín, e despois fixéronlles unha restrinxida ou xa directamente?
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting