O presidente do Goberno “en funcións”, solapado xa pola sombra do seu delfín Alfredo (máis preocupado e ocupado en tentar arranxar os tumultos da casa socialista que os do país como manifestamente quedou demostrado estes últimos días), constata e ata case recoñece que as reformas en profundidade, anunciadas e aplicadas cando menos en parte, para superar a crise económica na que estamos sumidos non resultan nin tan penetrantes nin tan reconstituintes como sería desexable. Non solucionan os graves problemas ós que nos enfrontamos e soliviantan aínda máis ós perxudicados que, non o esquezamos, son maioría.
A incertidume semella xa unha luva feita á medida, un compeñente máis da idiosincrasia da nosa economía. O risco do contaxio grego planea sobre os máis débiles e, non neguemos o obvio con eufemismos, nese pelotón dos rezagados europeos España ocupa a primeira fila.
Hai uns meses Rodríguez Zapatero comparaba a prima de risco cun marcapasos con capacidade para medir o nivel de efectividade das reformas económicas adoptadas para recompoñer a delicada situación que vive o país. Pois ben, o marcapasos bota fume. A prima de risco achégase ós 290 puntos básicos, rozando xa o máximo histórico acadado en novembro do pasado ano cando se situou nos 300 puntos.
O tipo de interese que hai que pagar polo bono español a 10 anos (pola nosa débeda pública en definitiva) aproxímase perigosamente ó seis por cento. E é pertinente ter moi presente que un punto máis suporía inevitablemente un rescate. Non son augurios de catástrofe apocalíptica improbable, que ninguén se equivoque. É unha posibilidade crudamente tanxible.
Cando un goberno nunha situación tan crítica como a actual amósase incapaz de aplicar unha política que reporte solucións non é momento de perder máis tempo senón de actuar, de recoñecer e asumir a realidade, de analizar sen dilación cómo e qué podemos salvar. E creo que o punto de partida pasa, sen máis demora, por un adianto electoral.
X.M. Barreiro
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Pero ti pensas que somos parvos ou que? Presidente en funcións? iso é manipulación pura e dura. Ti e calquera que non sexa un absoluto idiota sabe que non é un Presidente en Funcións. é un presidente electo exercendo o seu cargo. Cando toque ou cando queira convocará proceso electoral e entón o señor Rajoy ganará as eleccións e aí verásemos o pelo coas medidas que tomedes, que por certo, a ver si facedes públicas dunha vez. Porque ansias de poder vénsevos de sobra, pero donde gobernades o PP non vai millor que donde manda o PSOE e estou a falar de autonomías e concellos, concretamente en Galicia os resultados son ben visíbeis para calquera que non sea chosco. A economía e o número de parados aumentou dende que gobernades. Cómo imos a creer nas vosas receitas si non están funcionando en ningún sitio, porque non existen e o programa oculto do PP non se da a coñecer. Saudos.
Botadevos a un lado! que agora tochalle ó núcleo duro do partido PP-PSOE gobernar. Ao millor pensades que somos todos parvos e os mercados van ser mais comprensibles porque vos sodes mais afins, cando eles xa deidiron que temos que ser mais competitivos, e eso faise sendo mais baratos e escravos. Xa o guru da foto das Azores e as FAES (falanges españolas) deron as receitas, hai que privatizar a sanidade e introducir o co pago que en realidade é o repago. Hai que voltar o boom do ladrillo no protectorado Galiza-tas Os Montes do IV Reich do Bundesbank.
Si, que veñan os do PP con mais medidas neo liberais, como se non as aplicara Zapatero antes, sen nengunha utilidade mais que aumentar a probeza e precariedade e facer mais ricos os oligarcas. Estes Keynes de pacotilla queren facernos creer que baixando soldos, pensións e privatizando van rexurdir a económia, cando os piares do capitalismo son a especulación a depredación e o consumismo. O que se trata é de que os ricos teñan mais beneficios a costa de recortar custes. Por qué non se fai unha auditoria sobre deuda lexitima e non lexitima, e se rexeita pagar a deuda froito da especulación de entidades privadas?. Por qué non se nacionaliza bancos e se condea os culpables?
Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting