A europa dos vellos estados

Cando escribo estas liñas son aínda descoñecedor da reacción dos “mercados” ao acordo provisionalmente alcanzado polos Estados da UE (todos agás o Reino Unido) o pasado venres 9 de Decembro. Dubido en calquera caso que posúa o carácter de “definitivo” que algúns xa se apresuaron a outorgarlle. Na opinión de quen lles fala é un acordo insuficiente e que no canto de clarificar a situación non fai máis que crear novas incertezas. Veremos se nos equivocamos.

Por Manuel González L. | Compostela | 14/12/2011

  • versión para imprimir

Dende o punto de vista económico a solución chegada polos Estados da UE é mala e insuficiente. Así, a necesaria (e reclamada por moitos) gobernanza económica común fica limitada ao estrito control da austeridade demandado pola dereita Xermana. Non se menciona ningún mecanismo explícito de emisión de débeda mancomunada (eurobonos) e tampouco queda claro que o BCE vaia actuar de xeito decisivo nos mercados da débeda soberanana, de cara a establización do prezo da mesma. Unicamente se compromete esta entidade coa banca, dotándoa da liquidez que lle nega o mercado interbancario, pero de pouco vai servir iso se non se ataca ao mesmo tempo o elevado custe de financiamento dos Estados. Finalmente, como xa nos teñen acostumados os gobernantes conservadores europeos, non se pon en riba da mesa nin unha sóa medida a escala Europea destinada a estimular o crecemento. Tal e como apuntan os representantes da coalición da Alianza Libre Europea-Verdes do Parlamento Europeo, todo indica que teremos outro cumio decisivo tan pronto como en Xaneiro para solucionar (outra vez) este problema.
 
Pero é quizais no plano político onde os resultados son máis desconcertantes. Podemos coincidir en que o “non” británico, á espera de que sexa definitivo, permite deixar atrás un lastre no avance da construción europea pero tamén é certo que abre un cenario de máxima confusión institucional ao deixar nun limbo o papel dun Parlamento e dunha Comisión que o son dos 27 e non dos 26 que seica avanzarán pola vía rápida. Dese xeito ábrese a porta a unha “nova Europa” construída e xestionada mediante cumios intergubernamentais o que na práctica podería deixar en saco roto os escasos avances na construción dunha democracia Europea. Para moitos cidadáns que acreditan na Unión Europea, este proxecto só ten sentido se trascende aos esquemas dos vellos Estados e accede a cotas de soberanía respaldadas directamente pola vontade popular. Tal e como nos indica o filósofo alemán Jürgen Habermas o proxecto Europeo non pode continuar sendo exclusivamente o dunha elite de dirixentes dos Estados. Ese é o grande reto político co que nos atopamos e que non semellan comprender os mandatarios conservadores europeos. E a paradoxa é que nunca antes Europa estivera tan de cheo nos debates e preocupacións da cidadanía europea.

Manuel González L.




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

11 comentarios
4

Popular f.m

Que rollo más malo tienes!!!!!! Cualquiera le pone una empresa a este señor en las manos bla bla,bla,bla . Con personas asi no se puede construir nada


3

Chuzos de ponta

Bom artigo, Dr. House ;-)


2

Carliños

Moi bo artigo Manolo. É un pracer atoparche polo Galicia Confidencial. Isto xa vai collendo nivel.


1

Antón

Xa, pero tampouco como economista das ningunha solucións mais que vaguedades de estimulalo crecemento e unha pequena referencia os eurobonos, non entras na debeda piramidal que pode ser inmensa, nin moito menos no desfase dos CDS, nin se na mesma economia europea ten capacidade pra ir o rescate de economías tan grandes coma a do estado español. Nin no esgotado dun sistema o que vos aferrados coma un clavo ardente de inxusto reparto da riqueza que leva a un fascismo onde 16 corporacións manexan o 70% da economía, nin que o 1% da poboación acumule o 90% da riqueza.

7 respostas
1

Por Aquel: Moi ben Antón, pois ti mesmo: dános unha solución, que iso que dis tamén o sabe todo o mundo.

2

Por Antón: A miña proposta: nacionalización da banca, auditoria sobre a debeda e se fai falla negarse a pagar a debeda ilexitima como fixeron en Ecuador ou Islandia, economía mixta e planificada, expropiación dos recursos naturais por parte do estado, estatalización dos sectores estratexicos. Hai outras propostas alternativas moi interesantes, coma as ecoloxistas de sociedade rexida cientificamente e declarar patrimonio da humanidade todolo medio ambente. Pero hai moitas mais.

3

Por Aquel: Pois nada, dille a Feijoo, a Rajoy e a Merkel que se poñan mans á obra.

4

Por xan soares: O artigo é moi interesante, Antón, porque ataca o entendemento desfasado dunha europa baseada nos gobernos dos vellos reinos medievais e pide unha europa dos pobos, é dicir, unha europa federal dos pobos supoño. Coincido contigo en que o modelo real de saída da crise é o islandés e de feito xa se poden ver os resultados nese país pero a banca non se pode nacionalizar indefinidamente. Aperta

5

Por Antón: Permiteme xan, que che pregunte algo que me intriga: como un liberal convencido como ti, reivindica a Europa feredal, termo e aspiración exclusivo da socialdemocracia?. O artigo semellame ben, o uneco que boto en falla é que non se explaie mais e introduzase mais a fondo. Saúdos.

6

Por Antón: aquel, Feijóo, Rajoy e Merkel xa están mans a obra, a obra da voz do seu amo, quenes verdadeiramente os puxeron onde están.

7

Por xan soares: o liberalismo permite que os mercados se organizen sós atendendo a razóns económicas reais, é dicir, que determinadas entidades xeográficas coma Galicia cunha realidade económica específica tende a agruparse nunha gran estructura económica que defende os seus intereses económicos particulares. Entendendo deste xeito, os límites de Galicia non teñen porqué estar pechadas estrictamente aos nosos límites actuais senón que poderían, por exemplo, unirse para defender os intereses de rexións con problemas semellantes coma podería ser o Norte de Portugal ou a cornisa cantábrica. A definición de federación non é inmutable no liberalismo e dende logo os países actuais coma España non entran de ningún xeito nun sistema liberal real. Son estructuras ineficientes herdadas do pasado e que atenden únicamente a intereses particulares de determinados lobbies. Saúdos.


Manuel González López

Nado en Outes (1975). Doutorouse en Economía Aplicada na USC logo de ampliar estudos na Universidade de Manchester e na Copenhagen Business School. Na actualidade é profesor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.