Consecuencias non calculadas

É certo, que nos momentos de especial dificultade, a sociedade tende a culpar aos gobernos que nese momento xestionan a situación, independentemente do tempo que leven gobernando polo mandato popular das urnas.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 02/03/2012

  • versión para imprimir
O Partido Popular atópase cunha herdanza na xestión, que o pon contra a parede en canto a marxe de manobra, e ameazado pola pouca flexibilidade dos xa recoñecidos de facto, interventores de Bruxelas. As durísimas medidas que empezamos a ver en forma de recorte no estado do benestar, non son máis que a consecuencia da evidente irresponsabilidade dun sistema que permite que os bandoleiros do século XXI, en forma de especuladores financeiros, campen ás súas anchas. Se Bruxelas non flexibiliza o obxectivo de déficit para España, as consecuencias serán devastadoras para o concepto que temos até o día de hoxe de sociedade.
 
En Galicia, o goberno da Xunta hai tempo que actúa de xeito responsable no tocante ao control do déficit público, sendo a segunda comunidade do Estado, xunto coa madrileña, que cumpre practicamente co obxectivo marcado. A axitación social que hai na rúa, pasou xa do estadio embrionario ao de realmente preocupante, dende o momento que a ausencia de apoio ás empresas por parte da banca, engadido á espectacular baixada na carga de traballo delas, provoca un aumento dos niveis de paro que estamos a ver todos os días, socialmente insostibles. Chega o momento no que á sociedade non lle vale xa o discurso da herdanza económica de anteriores gobernos, e reclama solucións aos que elixiu para que cambiasen o vieiro cara o desastre.
Tanto Rajoy en Madrid, como Alberto Núñez Feijoo en Galicia, saben que o crédito que a sociedade outorga aos seus xestores é escaso, e a memoria ademais de non ser demasiada nestas situacións, é selectiva. O presidente galego encara un derradeiro ano de lexislatura especialmente complicado, no que o transfondo da cita electoral pode tentar establecer unha maquillaxe perniciosa sobre a realidade da situación. Se a iso engadimos a desastrosa situación interna das potenciais alternativas de goberno aos populares, de todo elo pode saír unha ecuación cuxo resultante sexa un autoengano perigoso. A  demoscopia insiste unha e outra vez no apoio social ao goberno galego do Partido Popular, mais se a situación empeora, como é previsible neste momento, as dificultades medrarán exponencialmente para poder revalidar unha maioría absoluta a día de hoxe consolidada, co agravante para o noso país de que a alternativa política nestes momentos, non é nin recoñecible.
 
Ou non?

Rafael Cuiña




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

15 comentarios
5

Antón Pérez

Pero que di este señor? Vostede sabe que a Xunta parou pagamentos en Setembro do ano pasado e os pasa a 2012 para maquillar as contas do 2011? Sabe vostede o que significa a tan "popular" frase de gardar as facturas no caixón? Así controla o partido no que vostede milita o déficit co conseguinte risco para as empresas que, sobretodo en obra pública, traballan para a Xunta. E como sempre hai unha excepción eis os 300.000 euros que se lles deron a certos medios de comunicación para que comuniquen o NODO feixooiano. Excelente xestión, ou non?

2 respostas
1

Por Mentirasarriscadas: Antón: acusas á administración galega de falsear as contas? Se é así pon o teu DNI por se queren denunciarte por inxurias e calumnias. Poderase solicitar a túa IP. Grazas.

2

Por Antón: Ben se ve que vostede non leu correctamente o meu texto, polo que debería ser vostede o que poña os seus datos e o seu documento de identidade para que eu proceda a ir agora mesmo ao Xulgado de Garda. Non se preocupe, eles saben de sobra quen son. Por certo, máis que nada por coherencia, debería vostede aplicarse o conto do que predica. De nada.


4

Outeiro

O goberno galego responsábel? O responsábel sería unha reforma fiscal maís xusta e progresiva, incrementar os impostos ás rendas altas, grandes empresas e banca, financiar mellores servizos públicos e non liquidalos como está a facer. Se isto é responsábel, viva a irresponsabilidade!!!


3

Carme Pardi

Cuiña vai liderar o nacionalismo-galeguismo alternativo á UPG, non teño dúbidas.

2 respostas
1

Por Fuera hace frio: Sus hooligans llevan años contándonos esa película, a causa de que aquí hay gente a la que le va el caciquismo-masoquismo. Pero el rapaz sigue como siempre, amagando y no dando.

2

Por Sr_J: claro que si, isto lembra-me aquela cançom tam popular, como era? "Sempre andas dizindo pró ano que vem, e chega outro ano e passa tamém, e passa tamém..." XD Ide colhendo asento que de pé vos havedes cansar, rapazes...


2

Sen Novedade na fronte

A Rafiña Cuiña o que lle proe é que o Aymerich e o BNG continuan a rumbo despois do ataque. Ou non?

2 respostas
1

Por Xurxo Meira: Sí, véselle moi ben ó BNG, moi ben. Eu son dos que marchei desa ditadura. Estaría con Cuíña e Táboas nun novo proxecto, como fala a inmensa maioría dos que marchamos de +G, e fun interventor 15anos do BNG. Acabei ata o carallo.

2

Por Fuera hace frio: Pero Cuiña no se atreve Si no tiene poltrona asegurada. Prefiere quedarse como niño rebelde al calor del hogar


1

balbino68

Es nacionalista e defendes a lingua galega, e militas no partido que atenta e trata de esnaquizar calquera síntoma que cheire a Galiza. Atacas aos especuladores e exixes regulación, e declaraste liberal. Demasiadas contradicións. Ou non??

4 respostas
1

Por Verme: Cuíña onte na SER dixo claramente que se consideraba socialdemócrata.

2

Por balbino68: Pode declararse o que queira, mais milita onde milita, nun partido neoliberal españolista e centralista, o resto e falar en barallete (linguaxe dos afiadores da contorna da raia entre Ourense e Lugo).

3

Por Aristóteles: E ue me dis, Balbino, 68, dos militantes do BNG, da UPG, que falan sempre en casteláns e mandan seus fillos ao ensino privado? A estes que lles fas? Fusílalos a todos?, bótalos do Partido/Fronte?

4

Por balbino68: Si é que existen tales elementos, lóxicamente non sei que pintan onde están. Porén, a coherencia non é unha virtude que adoite ser hexemónica na sociedade, e moito menos nos políticos ou na xente politizada. Haiche de todo neste mundo, incluso clase obreira que apoia as políticas neoliberais e as reformas laborais que estragan os dereitos de seu.


Rafael Cuiña Aparicio

Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín. Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.