Un pacto BNG-PP en marcha en Muros

Complicado desafío para a Executiva do BNG, pois os edís forman parte do grupo de Máis Galiza que quere seguir na fronte.

Por Galicia Confidencial | Muros | 19/03/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O BNG de Muros vai abrir negociacións co PP para aliarse cos conservadores e botar ao PSdeG da alcaldía. Así llo comunicará hoxe a voceira nacionalista na vila María Xosé Afonso á Executiva Nacionalista.

A moción PP+BNG de Muros sería a segunda deste tipo en poucas semanas. Cee xa está gobernado por unha alcaldesa conservadora, grazas aos votos do Bloque local. A Executiva do BNG comprometeu botar aos concelleiros nacionalistas de Cee da fronte, e finalmente expulsounos.

En Muros pretenden seguir adíante mesmo sen a luz verde do aparato que dirixe Guillerme Vázquez. A decisión final na Asemblea Local do BNG non está tomada pero o equipo de María Xosé Afonso consultará prosimamente aos militantes.

O PSOE (seis concelleiros) goberna Muros grazas a que o Bloque se abstivo na eleccións de alcalde, pois o PP ten catro actas e o BNG só tres.

Os edís nacionalistas eran membros da corrente Máis Galiza, que este mes decidiu marchar do Bloque. Porén, os cargos desta vila apostaron por seguir na fronte.

Isto sitúa á Executiva do BNG nunha posición difícil. A cúpula da fronte (gobernada democraticamente pola APU, coalición dos comunistas da UPG con independentes) está a facer esforzos para que os militantes de Máis Galiza que non marcharon se sintan cómodos dentro da fronte, cuxa pluralidade está moi tocada tras as escisión de todas as correntes salvo a UPG e o MGS, este último escisión da propia 'U'. Botar aos edís de Muros mandaría unha mensaxe de firmeza ideolóxica a esa terceira parte de membros de +G, sobre todo cargos en concellos, que queren seguir no Bloque malia non compartir a ideoloxía da APU.

E que motivos alegan os nacionalistas de Muros para pensar en aliarse co PPdeG? Na súa opinión a alcaldesa socialista Caridade González Cerviño tomou nos últimos meses decisións pésimas e resulta imposíbel dialogar con ela.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

77 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 23

    Shin Chan

    Pois agora vai ser que no BNG era todo unto. Non había músculo nen osos, nen cerebro (que tamén é un músculo).


    22

    sempre depor

    aqui non hai ningún problema, expulsión inmediata do BNG,e a seguir taballando polo pais.

    1 resposta
    1

    Por son´go: qual pais, Camerum?


    21

    comento

    bon, eu creo que á UPG só lle queda asumir dunha vez a responsabilidade que demanda ao resto e ser sincero co pobo ao que di defender: PRESENTARSE XA ANTE O PAÍS COMO UPG. SEN PARAPETOS NIN HIPROCRESIAS FRENTISTAS. DO CONTRARIO, O QUE MUITAS PENSAMO DELA: É FUME. SÓ VONTADE DE CONTROL DUNHA ORGANIZACIÓN PARA ACADAR A NADA COMO PAÍS, COMO COLEITIVO,COMO COMUNIDADE, COMO SOCIEDADADE. NO FONDÓ. SÓ É ÚTIL E BENEFICIOSO PARA ELES MESMOS. FUME...

    4 respostas
    1

    Por nEWTON: persoa meu, pero ti eres xilipo-llas, ou queres facernos aos demais. Desprenderiaste ti dunha franquicia, dunha marca que por si soa pode darte moitos beneficios? e desprenderiaste pola cara ademais? Tampouco é verdade que no Bloque non quede nada do frentismo, hai moito independente e o MGS.

    2

    Por nEWTON: persoa meu, pero ti eres xilipo-llas, ou queres facernos aos demais. Desprenderiaste ti dunha franquicia, dunha marca que por si soa pode darte moitos beneficios? e desprenderiaste pola cara ademais? Tampouco é verdade que no Bloque non quede nada do frentismo, hai moito independente e o MGS.

    3

    Por comento: Ei, neno, iso de "xilipollas" non existe en galego, meu. Non pasa nada se o pos tal cal en español, a modo de "licencia estilística", e se non, tes un bo feixe de palabras en galego pra ese adxectivo, que eu non vou escribir pra me dirixir a ti. Efectivamente que a "marca" bng aínda vao vender, supoño, mas non me negarás que o que fica xa non é BNG, non é bloque. É outra cousa, sabédelo ben. Falas de MGS como mostra do "frentismo"... ha ha ha... NOn imos repetir argumentación sobre a marca brnca da U no mercado interno do antigo BNG e do actual finado-BNG. Eu o que dicía, é que a U vai ficar sen cloro dabondo e sen "ompañeiros de viaxe" que os aturen, e que van ter que dar o paso,. dunha vez,. de presentarse " peito descuberto" ante a sociedade como UPG, e non pasa nada.Repito que, do contrario, amosan a súa inutilidade e non vontade de construir unha nación, un pobo-unha sociedade galega, alénm das súas proclamas e consignas de marcada carácter onanista.... Bon día

    4

    Por daikirí: O MGS de Antolín Alcántara, o que vivía de poñer cubatas no seu bar, mentres outros contruiamos a CIG para que agora sexa el o que máis manda na CIG. Antolín, volta para o teu bar


    20

    comento

    BAUTISTAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!!!!!!!!! O CLOROOOOO!!!!!!!!!!!!!!!!! ; )


    19

    Breoland

    O que é bo para Galiza, veña de onde veña, debe ser sustentado. Eu son galego, GALEGO, e non vexo mais que lerias de esquerda e dereita que nos dividen. Un galego de esquerdas e un de dereitas e un irmán co que podo estar en desacordo en certos temas, un español en troques é un inimigo político, sexa do partido que sexa. Creo que o nacionalismo(aínda que non me gusta a palabra, prefiro definirme como ser GALEGO), debe estar por riba da loita esquerda-dereita.


    18

    sojs

    Tantos anos deixando que o BNG acumulara unto burgués, e agora ven o exceso de colesterol e o infarto. Espero que aprendan para a próxima.

    1 resposta
    1

    Por comento: BAUTISTAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!!!!!!!!! O CLOROOOOO!!!!!!!!!!!!!!!!! ; )


    17

    fento e fasco

    Estes de +G que quedaron no BNG estan dinamitando todo; os que marcharon tiveron a honra de dicir o que pensaban e mandolles todo o meu respecto para eles/elas chapeau pola dignidade que amosastes, pero estes que se quedan na fronte coa única intención de desfacer o BNG non ten nome creo que as persoas teñen que demostrar dignidade. Isto esta acontencendo nas Comarca do noso País onde as atitudes xa mudaron dentro dos Consellos Locais e onde antes era todo colaboración e respecto entre compañeiros agora tornouse en malas contestacións e rifas de seguido.

    3 respostas
    1

    Por que dolor: un da U laiandose das suas mesmas practicas , o que hai que ver. Seredes igual de criticos con os das reformas laborais?

    2

    Por Xurxo F.: para Fento e...Completamente de acordo contigo, meu. Está todo dito!.

    3

    Por SPDOCNS: BNG. RIP.


    16

    DANTON

    Cee xa está gobernado por unha alcaldesa conservadora, grazas aos votos do Bloque local. A Executiva do BNG comprometeu botar aos concelleiros nacionalistas de Cee da fronte, e finalmente expulsounos. TEN RAZÓN CORREA:OS PERIODISTA, MESMO OS PERISFÉRICOS E ALTERNATATIVOS, OU MÁIS BEN DE ALTERNE,MINTEN MÁIS QUE OS AVOGADOS. A QUE VEN "GRAZAS AO BLOQUE LOCAL" SE FORON EXPULSADOS? Ë UNHA MERENDA DE PAIFOCOS SOBRADOS DE CAZURRERÍA E MAUVAISE FOI...


    15

    Muros

    Os meus parabens e as minhas adicatorias aos responsaveis primeiros de esta desfeita,Joam Manuel Bazzarra Agulha,Francisco Jorquera Caselas,Martinho Santos Canosa,Francisco Rodríguez Sanches,o dou dos "maestritos"(José Ramom Farinós e Manolo Garcia Sendom)que colaborarom e permitirom este tipo de practicas que acabam num desastre monumental ainda nom rematado e no qual as tres forzas políticas de Muros tenhem culpa e podredumbre.O problema nom seria mandarvos a tomar polo saco o problema e que nos costades quartos e sufrimos-vos em carne os vosos atos....

    2 respostas
    1

    Por Balados: carafio! xa mentides i encendedes o ventilador tan ben coma os do PP. Semella que tedes a mesma escola. Ide espabilando que non ides vivir toda a vida do victimismo, non sempre vai estar papá pra levalas culpas.

    2

    Por Poncio: Nom, nom... ja tedes vos o jeito dos PPpsoe , de se lavar as mans e defender-se com ataques e fume. Nom manchar o nome do nacionalismo e do marxismo...


    14

    Saña

    A executiva do BNG, polo menos a maioria, o ten mui claro, ao PP nin auga, o que teñen o problema e teran que definirse son os compañeiros de Muros, deixar paso aos cavernicolas do PP ou aceptar os termos politicos e de alianzas que nos demos e refrendamos na ultima asamblea do BNg, o demais e facerlle o caldo os famentos de postiños retribuidos.

    4 respostas
    1

    Por furabolos: Saña: E que pasa en Fene? Por que ten a Alcaldía o PP?

    2

    Por fago o comentario: Para furabolos, home na cuestión nacional non sei que diferencia hai entre pactar con abel caballero ou javier losada e pactar co pp. E mais neses pequenos concellos en moitos dos casos non son especialmente españolistas os do pp. Pero claro como a UPG pon por diante a causa obreira que a liberación nacional, pasan estas cousas, lexitimando ademais o psoe como partido que defende os obreiros.

    3

    Por pinchorla: Xá, liberación nacional, e logo a causa obreira non pasa tamén pola liberación nacional.Pode que eu esteña feito un lío pero non tanto.Os do PP en todos,todos os lados son o que son politicamente.Outra cousa é a relación con eles, non confundas.

    4

    Por matapiollos: Saña: En Galicia un Concello de 17.000 habitantes, como é o caso de Fene, non é pequeno. Ademais de que o BNG tivo a alcaldía dese concello durante 28 anos e agora deixa que goberne o PP. Esa é a verdadeira faciana da UPG-MGS


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3