Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/03/2012
O pasado sábado o PNG-PG decidiu en congreso sair do BNG. Antes decidiron o mesmo outros tres partidos integrados na fronte do nacionalismo de esquerdas; Encontro Irmandiño, Esquerda Nacionalista e +Galiza.
"É evidente que estamos a ser testemuñas dunha escisión do BNG en grande escala e tamén é evidente que esas organizacións e individuos que están saíndo do Bloque aspiran lexitimamente a seguir facendo política fóra del", argumentan dende Converxencia XXI, partido que se define como liberal galeguista e que estivo convidado no congreso do PNG-PG.
A delegación convidada de Converxencia XXI no congreso do PNG-PG, composta polo Secretario Xeral, Carlos Vázquez Padín e polo Secretario de Finanzas, Antonio Pérez, reiteroulles mostrou "a boa disposición para o diálogo e o encontro do noso partido". "Converxencia XXI, partido que se define como galeguista e de centro liberal, non debe permanecer alleo a este verdadeiro big bang organizativo que afecta a organizacións e persoas que nalgún caso, concretamente no do PNG-PG, están preto das nosas coordenadas de pensamento", explican os de Padín.
C.XXI da súa versión das escisións no Bloque. "Se Converxencia foi fundada no 2009 é precisamente porque non criamos no esquerdismo como fórmula de progreso para os galegos e para este País, nin no frentismo como modelo organizativo, ademais de considerar que o liberalismo é unha corrente de pensamento absolutamente crucial para incorporar a Galicia ao conxunto dos paises máis avanzados do mundo no século XXI".
Moitos dos que marcharon do BNG están en proceso de diálogo no "novo proxecto común", unha iniciativa nacionalista e de esquerda. Neste escenario, Converxencia insiste en que "o noso lugar non está nunha organización de esquerdas".
A dirección de C.XXI quere falar con "todos aqueles que queiran traballar para a confluencia do galeguismo/nacionalismo próximo a posturas centradas". A formación denfende os puntos en común con calquera que "persiga rachar o monopolio marxista, que desde a transición, domina o galeguismo político a través de dúas correntes destacadas, a comunista, representada pola UPG e a socialista, representada no seu día polo PSG e cuxa versión actualizada podería considerarse que representan algún dos partidos que están saíndo do BNG".
Na súa opinión, ademais dos sectores "non marxistas" que están saindo do BNG, ese novo proxecto debería contar cos partidos que están xa actualmente posicionados no centro galeguista. Converxencia cita a "PG, PGD, CG e TEGA" por que "todos eles saben da nosa boa disposición".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Proxecto interesante pero na miña opinion nace morto ! Tanto Converxencia XXI coma o PNG son partidos tremendamente minoritarios e sen implantacion , coma e loxico , e ahi estan os resultados electorais dos ultimos tempos , a dereita galega esta moi ben representada no exitoso Partido Popular que nos ultimos tempos mesmo se esta quedando co centro politico que reclama Padin .
Por apoioaciugalega: Pero non dende o punto de vista galego. Eu non son de esquerdas e son tanto ou máis nacionalista que calquera do bloque, dos irmandiños, dos +Galiza....quen me representa a mín? Ninguén. Se en Galicia hai un CiU eu votareino a eles e deixarei de votar aos que levantan o puño en alto, que utilizan o meu voto para pedir o apoio ás folgas que organizan os mantidos dos sindicatos.
Por Kike: Pareceme unha opinion moi loxica a que comentas . Pero mentres este o PP tan forte , que seguramente o este moitos anos , e un proxecto dificil de realizar . Porque seguramente o centro dereita en Galicia sea maioritario , pero e un centro dereita nacional non rexional coma en Cataluña con CIU . Un saudo
Por apoioaciugalega: Un saúdo Kike. Que non é doado seguro, que o centro dereita sexa todo españolista non o comparto. Na época de Fraga o PP era galeguista, e iso debía ser por algo. E algo diso debe quedar. Me imaxino que hai simpatizantes do PP que non estén contentos en ver como tratan ao noso idioma, de ver como o único que lle importa aos españois é a horta murciana, de ver que a nota conexión con Europa segué rematarse...de ver como emigran seus fillos a Madrí.
a ver: OS 2 OU 3 DE CONVERXENCIA XXI QUE ANDADES POR AQUÍ PODERIADES DEIXAR DE EMPREGAR PSEUDÓNIMOS DIFERENTES nos foros das novas relacionadas convosco pra vos deitar flores unha e outra vez. Eu non vos é por nada, pero dáme algo de vergoña allea...
entrevista a Padín en Onda Cero sobre o comunicado http://carlosvpadin.blogspot.com.es...
Pero será posible chegar a ser un país "normal" que teña unha forza nacionalista forte nos parámetros do reformismo?. Ogallá sexa desta vez. O meu apoio para o xurdimento desta forza tan necesaria.
Interésame moito calquera oferta nacionalista qeu non sexa de esquerdas, vexamos en que acaba isto...
O enfoque da nova por parte de GConfidencial está un pouco sesgado, eis o comunicado oficial http://www.converxencia.eu/?p=1816
Isto sen os baltares, cacharros e os cuiñas non vai a ningures. Teñen que manterse ao asexo. No momento que Feijóo saque o coitelo contra os Baltares a cousa poñerase interesante pola banda de Laiño.
Por Bruar: Hehehe Arestoras, aí tes razón; pero tanto o Feixo como os Baltares non están para remedios. Converxencia XXI non tivo éxito porque os cidadáns (electores) cando nos toca non acreditamos nun partido que se di galeguista e de dereitas. Algo non casa nesa sintonía, e aí levas razón. Despois de Terra Galega e outros intentos, penso que se ve claramente que os cidadáns desconfian moito nun partido que se diga galeguista pero dereitista. O pasado pesa longo. Os cidadáns acreditarán nun partido político que se diga nacionalista e non de dereitas. O tempo dou e dará razóns sobradas.
Por Prisciliano: Eu, que xa teño uns anos, lembro ese pasado que dis que pesa longo, e lembro a CG. A min esta xente de Converxencia XXI fanme ter de novo ilusión, como nos meus bons tempos de Coalición Galega. Adiante e forza!
Vai par de perdedores....
Por eee: Acougade, ho. E deixade a gente fazer..
Por Meu Reí: Perdedor é quen non o intenta, perdedor é quen critica e non fai nada, perdedores somos todos, porque aos poucos que teñen o que hai que ter para poñerse a traballar polo País ninguneámolos....e así nos vai. Podemos estar dacordo ou non nas ideas, pero sempre terán o meu respecto aqueles que traballan polos demáis. Así que benditos perdedores...cantos máis millor.
Por eee: Concordo: não há maiores perdedores que aqueles que nem sequer o tentam ou deixam outros tentar ..
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting