Preguntas de Uso Frecuente

Dúbidas - PUF

Preguntas de uso frecuente

Quen está detras de GC?

Detrás do GC está o demo.... ;) (é broma). O GC é un medio totalmente independente dos poderes políticos, económicos e mediáticos e está impulsado por un grupo de xornalistas e comunicadores que teñen coma fin democratizar a información. Para impulsar este obxectivo teñen creado unha empresa editora e de comunicación coa que, ademais, tentarán realizar outros servizos relacionados coas redes e a comunicación 2.0.

Para qué se usa o diñeiro dos lectores?

Tal e como fan xa outros proxectos na rede, como wikileaks, ou periodismohumano, o diñeiro será utilizado para a realización de novas e para pagar aos redactores e colaboradores· Trátase de asentar a estructura de funcionamento do GC de xeito permanente e medrar xunto cos seus lectores.Colabora

Saberase os cartos que recibides?

Posto que os donantes sodes os lectores non teremos ningun inconveniente en informarvos puntualmente do número de donacións que temos recibido e para que ten servido o diñeiro que tedes invertido.

Tedes liña editorial?

Para os lectores do GC, a nosa liña editorial é ben clara; dar voz a todos os colectivos, informar sobre as actividades dos poderes públicos, mediáticos e económicos, impulsar o uso do galego e facilitar o intercambio de ideas entre os nosos lectores. Os nosos principios fundamentanse no dereito a "comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión", respetando sempre a claúsula de conciencia e o segredo profesional e, especialmente, o dereito ao honor, á intimidade, á imaxe e a protección da mocidade e da infancia.

Pode condicionar a publicidade a vosa liña editorial?

A vía principal de financiación son as vosas contribucións. A publicidade tanto pública coma privada e complementaria polo que en ningún momento un anunciante vai poder presionar para condicionar a nosa liña editorial ou a nosa visión da actualidade. Por este motivo pode que nunca vexades algúns anuncios en GC, cando noutros medios saen a diario.

Podense usar os vosos contidos?

Non temos ningún problema en que divulguedes as nosas informacións. Están baixo a licencia de Creative Commons. O único que obriga a licencia é que citedes a procedencia cando utilicedes as nosas novas.

Que pasa se os lectores non participan económicamente no voso proxecto?

Pois que, desgraciadamente, o GC pode ter o mesmo destino que outros grandes medios galegos na rede. Quizais desapareza ou quizais se reconvirta. Todo dependerá da vosa implicación e as vosas colaboracións