Economía - 09 Marzo 2010
Dous pactos de silencio coartan o debate nos medios sobre fusión das caixas. O primeiro, a verdadeira situación económica de Caixa Galicia e Caixanova, argumento que entre liñas usan os socialistas para explicar a súa oposición a unión. O segundo, a evidente responsabilidade dos actuais dirixentes nos grises balances das entidades financeiras galegas. Carlos Príncipe, ex-alcalde Vigo, acaba de dinamitar este último pacto.
Economía - 04 Marzo 2010
O Goberno galego e, especialmente, o presidente, están fartos do que consideran un claro "ninguneo" do Executivo de Madrid polo bloqueo da Lei de Caixas. Aínda hai tempo para reaccionar pero no entorno de Feijóo hai quen xa comezan a tirar a toalla e a botar balóns fora. "Se hai un culpable, está en Madrid".
Economía - 27 Febreiro 2010
As reservas de pesca son interesantes iniciativas para rematar coas capturas furtivas e para rexenerar un caladoiro pesqueiro. Así o cre WWF-Adena que se trasladou a Lira para amosar como se pode acabar co mito da "pesca pirata" en Galicia.
Economía - 24 Febreiro 2010
Carmen Martín de Pozuelo Romay é directiva da consultora Atos Origin despois de que Feijóo a fichase como colaboradora directa en Correos e na COPTOV.
Economía - 11 Febreiro 2010
O presidente da xunta, Alberto Núñez Feijóo, ironizou hoxe sobre o número de manifestantes da protesta do pasado martes en Vigo e sinalou que os vigueses acudiron a unha "manifestación interna" do PSdeG.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade