A UE na encrucillada

Opinión - 14 Maio 2012

As recentes eleccións celebradas en Francia e Grecia tiñan unha evidente dimensión supranacional.Dende diversas ópticas analíticas había un consenso valorativo a respeito da transcendencia dos resultados destes comicios nas dinámicas que dominan o proceso de construción da actual UE.

Epílogo para o "affaire" Conde Roa

Opinión - 23 Abril 2012

A dimisión de Conde Roa suscita algunhas cuestións relevantes a respeito das circunstancias que concorreron neste episodio e, de xeito particular, o papel xogado polo propio partido do dimisionario.

Adiantar ou non adiantar

Opinión - 13 Abril 2012

Alberto Núñez Feijoo ten na súa man unha importante ferramenta política:poder decidir o calendario electoral dos vindeiros meses.Esta indiscutíbel vantaxe –derivada da súa condición de presidente da Xunta- leva asociada, nestes momentos, una dose elevada de risco.

As sombras do debate

Opinión - 15 Marzo 2012

O debate sobre o Estado da Nación é, xunto coa discusión dos Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma, o acontecemento político mais importante que ten lugar, anualmente, no Parlamento de Galiza. Este foi, ademais, o derradeiro da presente lexislatura e suscitaba a comprensíbel expectativa derivada do previsíbel adianto na convocatoria da vindeira cita electoral.

Penelope e Sísifo

Opinión - 23 Febreiro 2012

Tense afirmado, moitas veces, que aquel pobo ou grupo humano que non aprende da historia está condenado a repetila.Os acontecementos que están sucedendo no seo do nacionalismo político galego semellan confirmar, mais unha vez, a pertinencia de tal afirmación.