Chipre, Europa, a Troika (e unha reflexión sobre a soberanía)

Opinión - 26 Marzo 2013

Confeso que a miña primeira reacción diante da situación creada en Chipre e en toda a Unión Europea foi a de culpar do guiso aos responsables políticos europeos, nomeadamente aos teutóns, e á Troika no seu conxunto. Pasado o tempo, coñecidos mellor os pormenores, véxome na obriga de botar man do trasacordo e de matizar, polo menos en parte, esa primeira impresión.

O 22 de outubro

Opinión eleccións - 13 Setembro 2012

“Aquí pasou o que pasou”, reza un dos proverbios máis coñecidos da política autóctona e que dá conta de como sen dicir nada se pode á vez dicir todo, sempre que o interlocutor queira entender, claro está.

O PP nas súas propias contradicións

Opinión - 17 Xuño 2012

Máis alá da (fonda) análise económica que mereza o rescate financeiro recentemente solicitado polo goberno español, permitídeme facer unha pequena incursión no terreo da análise política.

Indignación

Opinión - 12 Maio 2012

33 millóns de euros, esa é –segundo a información publicada- a cantidade que van recibir por “auto-outorgación” catro antigos directivos das dúas caixas agora fusionadas en Novacaixagalicia en concepto de pensións por xubilación. A isto hai que sumarlle as tamén millonarias indemnizacións que recibiron ao abandonar a entidade. Indignante é o único cualificativo que pode merecer isto.

Xa chegaron os marcianos

Opinión - 25 Abril 2012

Xa están aquí, xa chegaron os marcianos pero estes non son galegos coma ti. Antonio BetetaBarreda, poderoso secretario de Estado de Administraciones Públicas nas verbas dun xornal galego de provincias, veu, viu e sentenciou: máis poder a administración local, menos para as comunidades autónomas e... agárrense... potenciar ás deputacións. Queriades caldo, tomade sete cuncas.

  • 1
  • 2