Opinión - 21 Maio 2013
O farmacéutico de Chandrexa foi detido hai uns días por un presunto delito de estafa continuada. Facturaba os farmacos que os pacientes tiñan prescritos na tarxeta sanitaria e que non foran retirados. Utilizaba o precinto para cobrarlle ao Sergas e despois tiraba ao lixo as caixas sen usar das medicinas. Esta foi unha noticia menor, situada nas páxinas locais, con escasa relevancia tipográfica. A permanente avalancha de novas relacionadas coa corrupción fai que sucesos como este xa non sorprendan. (Cómo nos imos escandalizar despois de coñecer os manexos de Bárcenas e de saber que as empresas do Ibex 35 actúan en paraísos fiscais!).
Opinión - 29 Abril 2013
Seis millóns de persoas están sen traballo en España. Son máis que a totalidade da poboación de Dinamarca ou Finlandia. Hai dous anos Mariano Rajoy, desde a oposición, bramaba contra Zapatero cando o número de parados chegou aos cinco millóns. Prometeu rematar coa crise, recuperar o emprego e mellorar o benestar. Fixo todo o contrario, mais non da ningunha explicación aos que foron enganados. Permanece agochado, en silencio, mentres aumenta o sufrimento e a incerteza para a inmensa maioría. A sangría continúa: desde a imposición da reforma laboral España perde un emprego por minuto. Nos tres primeiros meses deste ano cada día perdéronse 3.600 postos de traballo.
Opinión - 08 Abril 2013
“Son lo que son: simplemente unas fotos”. Así se explicou Núñez Feijóo hai uns días cando foron publicadas unha imaxes de 1995 nas que aparece fotografiado, en diversos momentos e situacións, á beira de Marcial Dorado, famoso delincuente que agora cumple condena por narcotráfico.
Opinión - 26 Marzo 2013
Ano 2004, no Pazo da Moncloa. O presidente recibe ao ministro de Cultura e aos directores dos centros Cervantes, que solicitan aumento do presuposto. Zapatero non perde o sorriso: “Hay dinero, hay mucho dinero este año. Y el año que viene habrá más. La economía va como un tiro”.
Opinión - 20 Marzo 2013
Unha. Celia é unha muller case centanaria. Vive acollida nunha residencia desde hai tempo, pero os familiares visítana con frecuencia. O ano pasado estivo ingresada no hospital por un problema cardíaco. Agora utiliza unha cadeira de rodas, pero antes saía tódalas tardes tomar un café coas súas amizades. Hai uns días tiven que facer un informe médico acreditando que estaba viva, pois a familia decatouse de que, desde o pasado mes de outubro, deixaron de ingresarlle no banco a súa retribución de pensionista. En algún despacho da Administración decidiron que xa tiña vivido dabondo e suspendéronlle a prestación económica. A responsable da residencia na que vive díxome que non é un caso único: xa lles pasou noutras ocasións con persoas de idade avanzada.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting