A chantaxe non é dereito a decidir

Opinión - 29 Decembro 2012

Comecemos por aceptar que o dereito a decidir - desprendido de oportunismos, traizóns ou enganos - engrandece á democracia. E aceptar tamén que a vontade dun secesionista non pode pesar máis cá de calquera outro cidadán. Se aceptamos iso estamos aceptando que a chantaxe non é dereito a decidir.

Aprender dos burgueses e defender intereses

Opinión - 19 Novembro 2012

Non son poucos os que din que a burguesía catalán non é separatista, a falta doutras razóns porque seica aínda non lle convén. Aínda. Velaí o dilema; pois iso vén ser o mesmo ca dicir que a burguesía catalán non ha ser separatista ata que lle conveña. Ou sexa, separatistas agardando o mellor momento.

Fundamentalismo e decadencia

Opinión - 24 Outubro 2012

As verdadeiras persoas de fe endexamais caerán nos vertedoiros do fundamentalismo, nin os verdadeiros demócratas nas esterqueiras do seguidismo. O Ser humano só pode existir en plenitude na afirmación da súa singularidade, vogando, cada un como poida, nese océano de dúbidas e preguntas no que, ás veces, nos momentos máis afortunados nos cruzamos cuns intres de claridade.

Dereito a decidir

Opinión - 24 Setembro 2012

Falar de aplicar o artigo 155 da Constitución nun contexto catalán, galego ou vasco, é un despropósito. Dito artigo debese ter moi presente de xurdir un disparate nalgunha das rexións. Iso é indiscutible. Mais non debera ter validez constitucional nas relacións do Estado con Galicia, Cataluña, ou Euskadi, comunidades singulares que xa non rexións de descentralización administrativa. Ata aí, cen por cen cos secesionistas

O patriota RH

Opinión - 17 Agosto 2012

Quedou claro, falou o alcalde: a culpa é dos cidadáns libres, nun estado democrático, porque lle saíu dos reverendísimos pasearse coa bandeira do Estado polas rúas da súa cidade. Daquela haberá que dar por perfectamente comprensibles as reaccións consecuentes.