O XXIV Congreso Estatal de Astronomía celebrarase na Coruña o ano que vén

Á cidade herculina achegaranse personalidades como a astrofísica Jocelyn Bell e desde a organización din qe será o primeiro congreso de astronomía que se realiza en Galicia

Por E.P. | A CORUÑA | 08/08/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A Coruña acollerá o próximo ano, entre o 30 de abril e o 3 de marzo, o XXIV Congreso Estatal de Astronomía con relatoras, entre outros, como a astrofísica Jocelyn Bell. O acto de presentación contou coa participación do concelleiro de Cultura do Concello herculino, Jesús Celemín, quen asegurou que a intención do goberno local é que a cidade volva ser circuíto de grandes congresos, e da vicepresidenta da Asociación Astronómica Ío, Denébola Álvarez.

Sobre este encontro, explicou que é o primeiro congreso de astronomía que se realiza en Galicia e que a previsión é que acudan "entre 200 e 300 persoas". Sobre os temas a tratar, expuxo que serán variados, desde a contaminación lumínica ata os avances en astrofísica ou a óptica do espazo.

Entre os relatores xa confirmados, estarán astrofísicas galegas, entre elas Ruth Carballo, ou o astrofísico Enrique Pérez Montero, do Instituto de Astronomía de Andalucía, e do que a vicepresidenta da Asociación Astronómica Ío destacou o labor divulgativo que realiza neste campo.

Presentación do Congreso Estatal de Astronomía coa presenza do concelleiro de Cultura, Jesús Celemín. CONCELLO DA CORUÑA
Presentación do Congreso Estatal de Astronomía coa presenza do concelleiro de Cultura, Jesús Celemín. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta