Científicos de Galicia e Estados Unidos avanzan na detección temperá de párkinson e alzhéimer

Os investigadores crearon novos sensores metálicos fluorescentes para a detección das primeiras agregacións de proteínas vinculadas a estas enfermidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2019 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

Un equipo de investigadores de Santiago e Houston crearon novos sensores metálicos fluorescentes para a detección temperá das primeiras agregacións de proteínas vinculadas ao alzheimer e parkinson.

Ghibom Bhak e Javier Montenegro no laboratorio do CiQUS
Ghibom Bhak e Javier Montenegro no laboratorio do CiQUS | Fonte: Andrés Ruíz - USC.

Científicos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC) en colaboración coa Universidade de Rice, de Houston, elaboraron uns compostos que se adhiren ás proteínas precursoras de ambas as enfermidades para amplificar a nivel supramolecular un sinal fluorescente.

Esta técnica permite detectar alteracións moito antes de que as proteínas se acumulen e, por tanto, evitarían un diagnóstico tardío. Así, o líder do grupo do CiQUS, Javier Montenegro, destacou o dobre valor deste traballo, que "presenta novos compostos organometálicos para a detección temperá e propón unha nova aproximación conceptual para a detección do problema".

En concreto, a familia de proteínas sobre a que traballan os científicos son os amiloides, que se encargan de distintas funcións biolóxicas e baixo certas condicións tenden a agruparse e crear estruturas fibrosas claves no desenvolvemento de distintos trastornos, relacionados coa fase inicial de diferentes enfermidades neurodexenerativas.

En base a estes feitos, agora os investigadores teñen o obxectivo de buscar como, cando e por que estas proteínas deciden agruparse, á vez que centran os seus esforzos en detectar os primeiros agrupamentos para conducir a un diagnóstico temperán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta