Os grupos non logran acordar unha condena unánime contra a violencia machista

A maioría dos acordos asináronse a última hora deste xoves, co peche do rexistro ás 22,30 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Os cinco grupos parlamentarios selaron case unha vintena de acordos menores nas negociacións sobre as propostas de resolución do Debate sobre o Estado da Autonomía pero non lograron acordar unha condena unánime contra violencia machista.

Tampouco houbo unanimidade para reclamar ao Estado os 700 millóns nos que o Partido Popular cifra a cantidade que o Executivo central debe a Galicia. Así, PP, BNG e Grupo Mixto prevén apoiar unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para esixir esta cantidade, aínda que o PSdeG --que inclúe a súa propia proposta para solucionar o problema das entregas a conta-- non prevé apoiala por discrepancias co texto.

PPdeG, PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto estiveron negociado ao longo de toda a xornada deste xoves nas dependencias do Parlamento de Galicia, onde a maioría dos acordos asináronse a última hora, co peche do rexistro ás 22,30 horas.

Finalizadas as negociacións que protagonizaron un ir e vir de deputados polos corredores da Cámara, os grupos prevén que nas votacións do venres, a última xornada do debate de política xeral, saian adiante unhas 58 propostas das 200 rexistradas polos grupos.

Intervención de Alberto Núñez Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía 2019
Intervención de Alberto Núñez Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía 2019 | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lóstrego

Patética a "clase política" do parlamentiño.