Que é o cinema distópico comunista?

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña ofrece este domingo unha "masterclass" sobre este fenómeno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM) ofrece este domingo unha 'masterclass' sobre o cinema distópico da Europa comunista impartida polo director e editor Lois E. Froiz.

A conferencia leva por título 'Golems, orfos, heroes e avoas: o cinema distópico da Europa Comunista' e terá lugar a partir das 17,00 horas na Fundación Luís Seoane da cidade herculina, segundo informa a organización do certame.

O director Lois E. Froiz profundará nun subgénero descoñecido para o gran público a través do repaso á cinematografía "demasiadas veces esquecida" de directores con "nomes impronunciables" como Juraj Jukabisko, Piotr Skulzin, Konstantin Lopushansky ou Andrezj Zulawski.

A xornada continuará coa proxección, a partir das 19,00 horas, de dúas películas de culto de cinema fantástico: 'Os novos bárbaros' de Enzo G. Castellari e 'Os invasores do Abismo' de Ruggero Deodato. Ambas as actividades son gratuítas e de entrada libre ata completar aforamento.

Cartel do FKM A Coruña 2019. FKM
Cartel do FKM A Coruña 2019. FKM | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta