Rescatada unha muller de avanzada idade que levaba catro días tirada no corredor da súa casa

Outra foi rescatada tras caer na casa. Houbo que tirar a porta para entrar.

Por Galicia Confidencial | Cedeira | 01/11/2019 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Dúas mulleres, ambas as de avanzada idade, foron rescatadas nos seus domicilios entre o mércores e xoves polos servizos de Emerxencias no municipio de Cedeira.

Ao mediodía do día de onte, a Policía local interveu no auxilio dunha muller na súa vivenda, que levaba catro días tirada no corredor, tras o aviso dun coñecido que levaba un tempo sen saber dela.

Doutra banda, os servizos de Protección Civil acudiran durante a noite a atender a outra muller que se atopaba indisposta.

Ambos os casos foron persoas de avanzada idade e foi necesario forzar a porta da vivenda, porque se trataba de persoas que "viven soas, sen familia próxima, e non deixan copia da chave a ninguén".

"Normalmente son os veciños ou algún familiar afastado quen co paso do tempo dan a alarma. Recomendamos prestar atención a este tipo de casos, unha chamada a tempo ao 112 pode axudar a salvar a estas persoas e atendelas a tempo", trasladaron desde Protección Civil de Cedeira.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta