Sen dúbida os mandatarios do PP de Galicia andan moi preocupados, saben que a crise en Europa e especialmente nos PIGS (estados do sul) está desaloxando do poder a todos os mandatarios que a padecen, tamén saben que a cidadania, con bo criterio, atribue en grande medida ao nefasto desempeño da partitocracia española (PP e PSOE) a responsabilidade da crise o que leva a que o antipoliticismo e o apoio a outros partidos esté medrando con forza.