Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 20:19
O autor de 'La Colmena', Camilo José Cela, recibiu o Premio Nobel de Literatura en outubro 1989. Trinta anos despois, diversas institucións uníronse para conmemorar esta efeméride e para impulsar un calendario de eventos e actividades centradas na figura do escritor de Iria Flavia.
O Goberno galego impulsou un calendario de actividades eventos ao longo do último trimestre do ano a través da Fundación que custodia o seu legado en Iria Flavia, algunhas centradas nos máis pequenos, como visitas dinamizadas ou talleres didácticos, e outras dun marcado carácter literario e de recordo ao Nobel galego.
A programación culminará o próximo día 17 cunha xornada, en colaboración coa Universidade Camilo José Cela, que conmemorará os 50 anos da publicación de 'San Camilo 1936', que os expertos están a incluír xa entre as máis importantes do escritor.
ARTIGOS MANUSCRITOS
Ademais, a institución académica que leva o seu nome fixo públicos vinte e tres cadernos manuscritos orixinais dos artigos de 'El color de la mañana', un traballo que cualificaron de "mordaz, crítico e de ironía fina" que alterna as súas reflexións políticas con anécdotas do día a día.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.