O PPdeG, sobre a sentenza europea sobre Junqueras: "Ninguén debe pór en dúbida a lexitimidade do poder xudicial de España"

"Hai sentenzas que poden sementar dúbidas onde non debería habelas", di Miguel Tellado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, manifestou que "ninguén debe pór en dúbida a lexitimidade do poder xudicial en España" en referencia á sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europa (TJUE) que recoñece a inmunidade do exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras pola súa condición de eurodeputado.

Oriol Junqueras
Oriol Junqueras | Fonte: EFE

Así se pronunciou o 'número dous' do PP galego despois de que o xefe de filas do partido e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, opinase en declaracións a Onda Cero que o TJUE "ten unha xurisdición e unhas competencias que non son coincidentes coa xurisdición e as competencias do Tribunal Supremo".

Para Tellado, Núñez Feijóo "non cuestionou a lexitmidade" do Tribunal Europeo, aínda que apuntou que "ninguén debe pór en dúbida a lexitimidade do Poder Xudicial de España". "Hai sentenzas que poden sementar dúbidas onde non debería habelas", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Moito me temo que estes dous perderon unha boa oportunidade da calar a boca! https://vientosur.info/spip.php?art... Se ben o razonamento de Javier Pérez Royo semella impecable dende un punto de vista formal-legal tamén é certo que non entra na cuestión de fondo (os motivos que levaron ao TS a ditar a sentencia da discordia) En fin... digamos que grazas a esta sentencia calquera persoa implicada nun proceso penal pode atopar amparo e inmunidade se sae europarlamentario electo... (digamos que estamos ante a Vía Ruiz Mateos) pero ciciais sexa unha cuestión xurídica inapelable a partires de agora (?) Veremos, como remata o conto... (Casilda)