Pola defensa dun xornalismo en galego

Carballo acollerá este 7 de febreiro o Día dos Medios en Galego no que se reivindicará a importancia dos medios na nosa lingua.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 29/01/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Asociación dos Medios en Galego (AMEGA) ,entidade da que forma parte Galicia Confidencial, volve celebrar este 7 de febreiro o Día dos Medios en Galego, unha xornada para revindicar a importancia da ter un xornalismo na lingua do país e que foi ratificada por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego no 2018.

A data quere lembrar a saída primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín lamas Carbajal en 1876.

Carballo acollerá este ano este evento no que se visibilizará a importancia e a necesidade de que os medios comuniquen na nosa lingua. Actualmente son un cento de edios  (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) as que contan en galego o que pasa no noso país.

A cita terá lugar o propio venres 7 de febreiro, a partir das 20:30h no Casino1889, unha entidade cultural centenaria, rexurdida pola mocidade carballesa neste último lustro. O acto será presentado, en clave regueifeira, por Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e contará coa participación de representantes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Deputación da Coruña e do Concello de Carballo, colaboradores do evento.

Pechará o acto a banda muradá Terbutalina, cun concerto, rememorando aquela Gala de 2011 celebrada en Compostela onde a banda colaborara coa AMEGA no marco da campaña Vitaminas para o Galego.

Encontro en Fene para a declaración do Día dos Medios en Galego.
Encontro en Fene para a declaración do Día dos Medios en Galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Estan aparecendo novos medios á sombra das eleccións (?) ou é cousa miña ? https://metropolitano.gal/aviso-leg...

1 Gamela

Cal debera ser o camiño para manter a liberdade de información ? Subvencionar a todos, non subvencionar a ninguén (?) Os suizos tamén teñen problemas cos muros de pago (?) https://www.swissinfo.ch/spa/socied...