Galicia, como Holanda ou como Grecia?

Arrepíame a demagoxia populista daqueles que braman contra os axustes sen propor alternativas, os que fan estes razonamentos ou ben non saben restar (ingresos-gastos) para saber se o que propoñen é viable, ou ben toman ao eleitorado por parvo.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 27/09/2012

Comparte esta noticia
Aumentar os ingresos do estado non é viable, porque a maior presión fiscal menos actividade e finalmente menos recadación, endebedarse máis tampouco é viable (que non sexa viable non significa que non o fagan, convertindo, desta maneira, a España nun estado inviable).
Entón a viabilidade do estado pasa por reducir gastos e aqui comeza o debate intelixente, o debate baseado en dicir a verdade ao eleitorado, e o debate ao que non chegan os partidos intervencionistas e estatistas (PP, PSOE, BNG, UPyD, IU, SCD, CXG). Converxencia XXI é a única forza que está ubicada no debate realista e intelixente, a única que di que hai que baixar os impostos para reactivar a economía e a xeración de riqueza e que hai que baixar os gastos, e que fundamentalmente hai que facelo reducindo masivamente a administración pública, suprimindo as deputacións, concentrando concellos, pechando chiringos, pechando delegacións, privatizando empresas públicas mediante poxas, etc.
 
Sería bo para todos que os partidos intervencionistas estivesen dentro dese debate honesto e intelixente e que marcaran outras prioridades, se non concordan coas nosas, pero eles prefiren ficar na demagoxia falsa, barata e populista de queixarse dos axustes sen propor alternativas reais. Lembren, a posibilidade de gastar depende da posibilidade de ingresar e como dicia Winston Churchill; unha nación que tenta prosperar a base de impostos é como un home cos pes nun caldeiro tratando de se erguer puxando pola asa.
 
O 21 de outubro poderanse escoller moitas papeletas de partidos que propoñen gastar o que non se ten, endebedarnos ata netos e facer todo o posible por vaciar os petos dos contribuintes da forma que sexa para manter un hiperestado insustentable, só hai unha papeleta dunha organización que representa a responsabilidade de axustar os gastos aos ingresos que de forma realista se poden recadar sen que supoña caer máis fondo no pozo do empobrecemento xeralizado para unha xeración, pozo no que cada vez estamos máis fondo. Quizá Converxencia XXI sexa unha forza excepcional nun pais latino, confiamos en que Galicia prefira parecerse a Holanda, onde os liberais acaban de gañar as eleccións, e non a Grecia, onde extremistas de dereita e de esquerda, con imitadores aqui, soben como a espuma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA