'Entrelinguas', unha viaxe pola gran riqueza lingüística que ten o galego
Os xornalistas Antonio Méndez, Sara Barreiro e Alejandro Vázquez veñen de presentar unha reportaxe multimedia que os levou por trece concellos para coñecer de preto a diversidade lingüística do galego. Polo camiño bateron coas historias de vida, a cultura e a etnografía de lugares como Portomarín, Oia, Fornelos de Montes, Riós, Moeche ou Laxe.
Por Silvia López | LUGO | 10/03/2020 | Actualizada ás 08:10