Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A líder de EU en Galicia estase revelando como un dos principais crebacabezas do Goberno de Feijóo. Desde que saíu elexida como deputada as súas críticas a Xunta e ao seu presidente teñen sido moi duras. Unha dureza que Feijóo criticou esta fin de semana.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: tomaarua.blogspot.com

"Compracencia ningunha, dureza toda. Non hai ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame", contestoulle este martes a deputada de AGE que, nos últimos días, está sendo moito máis activa, tanto nas redes sociais coma nas súas declaracións públicas, que Xosé Manuel Beiras.

"Violencia verbal"

De feito, no PPdeG comezan a temer máis a oposición que poida realizar Díaz e EU que a de Anova, precisamente, pola súa contundencia verbal, aínda que cren que, á longa, lles prexudicará. Precisamente, Feijóo criticou a "violencia verbal" de Díaz e "carencia democrática" dos membros de AGE. 

Por iso, Díaz volveu a insistir en que AGE realizará unha "dura" oposición porque as "políticas" que aplican só "empobrecen aos de abaixo". "Sabe perfectamente a oposición que imos facer porque non temos ningunha complicidade coas políticas da troika, e si a man tendida coas persoas que están a sufrir".

Futuro de AGE

Díaz tamén se referiu ás declaracións dalgúns dirixentes do BNG que apostan por un achegamento a Anova. "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva", dixo.

Por iso, insistiu en que AGE está para "quedar", xa que EU e Anova traballarán conxuntamente na Cámara. "Son momentos de excepcionalidade política e de converxencia" dixo e lembrou que o propio Xosé Manuel Beiras falou "alto e claro" en días pasados sobre a coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 136 comentarios

32 yolanda

Grazas UPG, moitas grazas a Paco e seguidores acríticos que odian a quen lles mandan e non odian a quen non lles mandan odiar. Grazas unha vez máis UPG, graciñas, moitras grazas. Vós quitades o unto e eu douvos as grazas. Estades cheos de unto porque quedou o máis espeso do unto dentro e por iso vos sigo dando as:...... Grazas, grazas UPG, grazas a todos os acríticos seguidistas de Paco, grazas mil veces grazas. Graciñas.

1 yolanda

Cobraremos como cobraron sempre os da UPG, non fai falla dicilo e que é de parvos. Non somos tan demagogos como os nacionatas de Beiras. E non remato de aproveitar calquera intre para darlle de corazón as grazas á UPG. Grazas Paco e seguidistas con cargo e con fillos para colocar de funcionario na UPG, grazas polo voso unto. Grazas, graciñas.

2 yolanda

Non me canso, grazas UPG.

3 yolanda

Grazas outra vez máis UPG. E outra, grazas. E outra máis, grazas UPG, grazas, grazas, mil grazas, ou duas mil ou tres mil, canto cobra un deputado? Xa o saberei dentro duns dias, grazas UPG, outra vez. Isto e para ver si o pobo galego reacciona e monta unha alternativa de verdade. Grazas UPG.

31 thecountry

E sábese xa canto van cobrar? Dígoo porque Beiras e os tres deputados irmandiños se comprometeran a non cobrar máis do dobre do salario mínimo, mentres que os 5 de IU non fixeron promesa semellante, que se saiba. Non falaron ese tema?

1 yo, landa

Grazas Paco e seguidistas acríticos, grazas a todos e todas, si.

2 Dé putado

...de salario...pero das dietas non dixemos nada

30 Spidercan

Si Feijoo di isto é todo o contrario. Alguén sabe onde están os da FPG, CUT e MpB? Eu na campanha só vín a Beiras nos circos electorais. Os da CUT, dos outros prefiro non falar, estarán de celebración.

29 Markos

PUBLIREPORTAXE, o novo periodismo.

28 Coiro

No PP temen a oposición de Iolanda e de Beiras? hahahaha, non me fagades rir, están desexando que colla protagonismo sobre todo ela, non sei se vai mobilizar alguén de esquerdas pero como esta lexislatura manteña o ton que anuncia os conservadores vanse multiplicar coma fungos na humidade, eu creo que Beiras vai acabar ata as orellas dela, en cero coma. Tempo ha ter de arrepentirse, por caimán.