Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A líder de EU en Galicia estase revelando como un dos principais crebacabezas do Goberno de Feijóo. Desde que saíu elexida como deputada as súas críticas a Xunta e ao seu presidente teñen sido moi duras. Unha dureza que Feijóo criticou esta fin de semana.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: tomaarua.blogspot.com

"Compracencia ningunha, dureza toda. Non hai ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame", contestoulle este martes a deputada de AGE que, nos últimos días, está sendo moito máis activa, tanto nas redes sociais coma nas súas declaracións públicas, que Xosé Manuel Beiras.

"Violencia verbal"

De feito, no PPdeG comezan a temer máis a oposición que poida realizar Díaz e EU que a de Anova, precisamente, pola súa contundencia verbal, aínda que cren que, á longa, lles prexudicará. Precisamente, Feijóo criticou a "violencia verbal" de Díaz e "carencia democrática" dos membros de AGE. 

Por iso, Díaz volveu a insistir en que AGE realizará unha "dura" oposición porque as "políticas" que aplican só "empobrecen aos de abaixo". "Sabe perfectamente a oposición que imos facer porque non temos ningunha complicidade coas políticas da troika, e si a man tendida coas persoas que están a sufrir".

Futuro de AGE

Díaz tamén se referiu ás declaracións dalgúns dirixentes do BNG que apostan por un achegamento a Anova. "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva", dixo.

Por iso, insistiu en que AGE está para "quedar", xa que EU e Anova traballarán conxuntamente na Cámara. "Son momentos de excepcionalidade política e de converxencia" dixo e lembrou que o propio Xosé Manuel Beiras falou "alto e claro" en días pasados sobre a coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 136 comentarios

27 Shin Chan

E grazas, UPG, por conseguir que o residual PCE voltase ao parlamentiño.

1 Coiro

+

2 markos

Pero non foi beiras o que lle regalou 5 deputados?

3 Coiro

tamén, tamén, a esquerda nacionalista en conxunto pero, agora que o penso, case que máis Beiras :)

4 yolanda

grazas upg

26 Shin Chan

A Yolanda vaille pasar o que lle pasou en Ferrol: BLUFF!!

1 Ping Pong

En Ferrol pasou que Alternativa Galega de Esquerda nestas eleccións autonómicas foi a segunda forza política con máis de 7000 votos. Onde está o BLUFF. Shin Chan cando traballas? Non serás deses da mafia china?

2 Plifplafplof

bluff, choff, plop e plaff, e unha cousa é a xente que votou en Ferrol a AGE e outra o de IU, que con Yolanda ao fronte baixou de concelleiros

25 Coruñés

Este titular é patético, que eu saiba Beiras e Yolanda comparten portavocia no parlamento. Ocurreseme pensar que o xornalista práctica unha burda manipulación ou quizais se este divertindo vendo os comentarios de xente nacionalista e xente que se sinte nacionalista, parece que a alguen lle interesa un enfrentamento entre nacionalistas.

24 Gamela

Por min que fale todo que queira, pero que se mollen dunha vez! Mentres en Madrid a xente está a RodearBankia, aquí semella que só sabemos pasmar agardando a toma de posesión do fillo dos Peares? :: http://www.cabozo.com/taboext.php?g... :: Syriza Galega pero baixo a chuvia, please...

1 Gamela

Se queremos federalismo aquí tamén hai diso... http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11... Pero Galicia semella estar ANESTESIADA!

23 xose de compostela

Fraude, eu votei a Beiras, asi que Yolanda liderando que ??, o lider é Beiras, un pouco de respeto nena, que pra nenazos xa temos a Pontona.