Cando os deberes do colexio se corrixen a través de walkie-talkies
Todos os días desta corentena, de 12 a 14 horas da mañá, o alumnado de 3º de Primaria do CPI Luís Díaz Moreno (Baralla) senta a carón dun destes aparellos radiofónicos para conversar co resto da clase. A idea non apareceu da nada, senón que neste colexio xa tiñan unha relación moi especial coa radio. Estudantes, profes e familias ían soar nas ondas de Radio Nogais cun programa preparado por eles, con temas que ían dende o día a día coas vacas ata a nanotecnoloxía.
Por Silvia López | LUGO | 05/04/2020 | Actualizada ás 10:00