A Cociña Económica de Ferrol renuncia aos 40.000 euros do Concello en 2020 para axudar a familias

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2020 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A xunta directiva da Cociña Económica de Ferrol decidiu renunciar aos 40.000 euros do convenio co Concello para que a administración local "poida cubrir directamente unha parte do gasto en axudas para alimentación de familias".

A entidade con sede na rúa Rubalcaba, asegurou, a través dun comunicado, que dita decisión foi tomada por "unanimidade" da xunta directiva, para desta forma "liberar ao orzamento municipal, na súa partida máis sensible en atención social dos 40.000 euros que se reservan para o convenio coa nosa asociación".

Estiman que con este diñeiro, o Concello, ademais dos gastos de alimentación, poida facer fronte "aos innumerables gastos imprevistos que se teñan que afrontar". Agora, a entidade que preside Antonio Tostado, asegura que "aprobou solicitar ao Concello de Ferrol unha dotación económica para o convenio deste ano 2020 dun euro, como valor simbólico polos custos compartidos".

Esta decisión tomárona a pesar de que a crise do coronavirus "ocasionou que a Cociña Económica teña que duplicar os seus servizos e incorrer nun maior esforzo económico en contratos de persoal e provedores", sinalaron.

Material doado por Navantia á área sanitaria de Ferrol e a Cociña Económica para facer fronte á crise do coronavirus
Material doado por Navantia á área sanitaria de Ferrol e a Cociña Económica para facer fronte á crise do coronavirus

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta