A procura do octoxenario desaparecido no Páramo céntrase no encoro de Belesar e parroquias do municipio

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/04/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O dispositivo de procura do octoxenario desaparecido no Páramo (Lugo) continúa nas parroquias do mesmo concello, pola zona de Quintela e San Vicente de Gondrame e tamén no encoro de Belesar, en Chantada.

Garda Civil
Garda Civil

Segundo o 112, os efectivos da Garda Civil e de Proteción Civil de Portomarín centraron a procura do octoxenario por esas zonas. Ademais, o venres o Instituto Armado, indicou que mergulladores do GEAS procederon a inspeccionar o fondo do río tras rastrexar a zona Protección Civil cunha embarcación.

O home, José V.C., veciño de Quintela de San Vicente, está desaparecido desde que saíu a pasear na tarde do martes, 14 de xuño, xunto á súa vivenda. Na zona foi achada unha gorra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta