Por que se permite ir a un gran supermercado e non a un mercado con "produtos frescos" e ecolóxicos

A asociación ecoloxista Verdegaia critica que se permita a apertura de grandes superficies e non dos mercados ao aire libre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Verdegaia solicitou á Consellería do Medio Rural a reapertura de mercados de alimentos de proximidade ao aire libre, que "poderían ser máis adecuados" que as grandes superficies, e que isto se faga con controis para garantir "a debida separación" entre persoas e "evitar aglomeracións".

A través dun comunicado, o colectivo critica a orde do 23 de marzo de Medio Rural pola que se pecharon estes mercados non sedentarios: "Non nos parece adecuada desde un punto de vista sanitario, pois entendemos que os grandes centros comerciais supoñen un maior risco de contaxio ao supor unha gran afluencia de persoas en locais pechados que comparten espazos, carros e certo de uso común".

Neste sentido, Verdegaia tamén asegura que "se violou o principio de non discriminación" e "marxinouse ao sector que produce nas economías locais", xustamente ese ámbito que "necesita máis apoio", tal e como asegura a asociación. Ademais, "favorécese a produción agrícola intensiva e a gandaría industrial, en gran medida causantes do problema", lamenta.

En vista da subida do IPC en produtos alimentarios durante o mes de marzo, Verdegaia afirma que os consumidores "non poden dispor de produtos frescos e sans de proximidade e de tempada a prezos económicos", polo que "ven obrigados (especialmente no medio rural) a desprazarse ás grandes superficies" para comprar produtos "envasados, distantes, caros e insípidos".

Por iso, a asociación ecoloxista concorda con entidades como o Sindicato Labrego Galego "en que unha transición ordenada e desintensificadora cara a un modelo agroecológico vai ser a única maneira eficaz de que a agricultura sexa unha ferramenta útil" na loita contra a emerxencia climática.

Mercado Ecolóxico A Coruña.
Mercado Ecolóxico A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Esta é outra estupidez do goberno autoritario dun tal Pedro Sánchez Castejón ! E logo de 38 días aínda seguiremos coa prórroga ata chegar aos 60 días de CRETINISMO POLÍTICO ! UPG UPG UPG ! Agora seica non falan das políticas españolistas ? Que votará o mércores Nestor Rego ? O que lle diga o PSOE ? Amén