Medio millón por actualizar unha web

Atos Origin, da que é apoderada a sobriña de Romay faise co seu quinto contrato da Xunta pola vía negociada sen publicidade. É o segundo nun mes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/01/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acaba de adxudicarlle o Servizo de Desenvolvemento do portal para as entidades locais de Galicia dentro do plan econcellos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2007-2013). 

A galega Ana Pastor, ex-ministra de Sanidade co PP, nun acto canda Carme Martín de Pozuelo Romay. Foto: Sanifax
A galega Ana Pastor, ex-ministra de Sanidade co PP, nun acto canda Carme Martín de Pozuelo Romay. Foto: Sanifax

En total, esta empresa, con sede en Madrid, recibirá case 455.000 euros por actualizar unha web xa existente. E é que segundo o documento de adxudicación ao que tivo acceso GC, o servizo contratado vai orientado a "acadar unha nova versión do portal EidoLocal que cumpra ou reforce os requirimentos para os que está orientado este portal". Na súa oferta, pídeselle á empresa que presente unha proposta de "como considera que debe facerse esta evolución no plano técnico, funcional, de xestión de contidos e de dinamización". E semella que a oferta de Atos é a máis interesante para a Administración galega.

Entre as "reorientacións" desa web que terá que facer a empresa madrileña están a de "potenciar, consolidar e fortalecer distintos servizos que permitan optimizar os procesos

TIC", "facilitar o aliñamento continuado coa estratexia de sistemas e tecnoloxías da información", "dinamizar os contidos e compoñentes usados en función das necesidades do ámbito de actuación, "proposta proactiva de melloras técnicas, de deseño, funcionais e de organización de contidos" e "aliñamento cos criterios xerais de políticas de evolución de portais, políticas de desenvolvemento da eAdministración, políticas de seguridade e de criterios de software libre determinadas pola Amtega".

Segundo contrato nun mes

Hai un mes, a mesma axencia da Xunta contraba a Atos para un "servizo complementario de evolución e mantemento do sistema de xestión de persoal da Xunta" por 135.755 euros sen IVE. Segundo comprobou GC no Rexistro Mercantil, Carmen Martín de Pozuelo Romay segue a ser apoderada desta consultora que suma 4,6 millóns en contratas deste goberno, 312.000€ mediante encargas a dedo.

Carmen Martín de Pozuelo Romay, directora de Salud en Atos Origin
Carmen Martín de Pozuelo Romay, directora de Salud en Atos Origin

          

Sobriña de Romay e colaboradora de Feijóo en Correos e na Xunta

Martín de Pozuelo é sobriña de Romay Beccaría, presidente do Consejo de Estado. Feijóo fichouna para a súa cúpula cando dirixía Correos e tamén cando entrou como conselleiro de Política Territorial. En 2005, a CIG incluíu o seu nome nun listado de familiares do PP que terían sido enchufados na Xunta.

Cinco contratos a dedo

A Xunta de Galicia xa lle deu, cando menos, cinco contratos a Atos Origin por esta vía dende que goberna Alberto Nuñez Feijóo, ademais doutros por procedementos regrados. Nos últimos catro anos, a consultora logrou en total máis de 4.5 millóns da administración autonómica.

Versión da Xunta

En 2010, a secretaría xeral de Modernización reaccionou á primeira nova de Galicia Confidencial sobre Atos  destacando que esta empresa só levou o 7% dos seus contratos. Cando, tras as denuncias da oposición,  o propio presidente foi cuestionado sobre estes contratos, negou calquera trato de favor e apuntou a que Atos tamén recibira contratos durante o bipartito.

Atos logrou 1,2 millóns en catro anos de bipartito. Ningunha das contratas foi dada mediante o opaco procedemento negociado sen publicidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

3 Francisco Gil

Soy castellanohablante y la primera palabra que aprendí al llegar a Galicia (hace poco) fue chourizo, son tan buenos como los elaborados en climas de interior.

1 Ano Mariano

Desgraciadamente é unha pena que o que nos una culturalmente ademais de moitas outras cousas é por compartirmos, entre galegos e como ti dis as xente do interior, os chourizos. Xa máis en serio, sexas benvido e espero que a través deste medio teñas unha visión da Galicia soñada por moitos galegos.

2 O Trampitán

Esta que é, corruptela de birrete ou corrupción de boina? Tampouco sei como se chamaría o que se facía nos tempos tan gloriosos e farturentos do ínclito Pérez Varela, de alcume Susiño do Imparcial. Seica que esa, total catro patacos entre Xacobeo, Cidade da Cultura, "apoios" ao audivisual galego, TVG..., non está na hemeroteca histórica de La Voz de Galicia. Daquela non se cubría...

1 sensei

Noraboa pola vosa independencia... e grzas por informar.