Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 19:12
A Radio Galega contará con novas seccións e colabores este verán como o espazo que protagonizará a exconcursante de Operación Triunfo Sabela Ramil no programa 'Galicia por Diante', de Kiko Novoa, que tamén terá un curso para neofalantes.
Así, a sección 'Un verán con Sabela' poderase escoitar en antena os venres neste programa, segundo informa a Radio Galega este luns nun comunicado. As novas seccións do Galicia por Diante terá lugar cada día de 11,30 a 12,00 horas, xusto antes do espazo 'A bóla extra', con "divertidas e refrescantes propostas para animar as mañás destes meses de estío", segundo di a CRTVG nun comunicado.
Pola súa banda, a docente Pila Ponte, coñecida como 'A Profa', Premio da Cultura Galega polo seu proxecto '21 días co galego', animará aos mozos a expresarse durante tres semanas --cada xoves-- co 'Curso para neofalantes'.
O espazo dirixido e presentado por Kiko Novoa tamén contará coa participación dos reporteiros Álex Fidalgo, Fátima Mella e Quique Morales.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.