Pontón e Feijóo, os dous nomes dunha Galicia que volve ao tripartidismo de hai oito anos

Esfarelamento histórico do antigo espazo de En Marea que o PSdeG non consegue rendabilizar. Nin Marea Galeguista, nin Vox, nin Ciudadanos teñen tampouco espazo en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 13/07/2020 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo e Ana Pontón. Feijóo e Pontón. Eles dous son os grandes gañadores duns comicios históricos marcados por unha terrible pandemia que, finalmente, favoreceu ao partido no poder. O partido que controla os medios públicos, que soubo sacar partido das comparecencias constantes durante a corentena e que ten subvencionados aos grandes medios de comunicación de Galicia.

Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, presenta as primeiras medidas que fará se goberna e adianta estrutura de goberno coa Catedral de Santiago de fondo, na Alameda compostelá
Ana Pontón, candidata do BNG á Presidencia da Xunta, presenta as primeiras medidas que fará se goberna e adianta estrutura de goberno coa Catedral de Santiago de fondo, na Alameda compostelá

Pero os comicios galegos marcan unha tendencia única no Estado. Galicia volve ao tripartidismo que dinamitou a irrupción de Podemos, primeiro, e Ciudadanos e Vox, despois no panorama político estaltal. Tras experimentos rupturistas en Galicia que se romperon por deméritos propios, o Parlamento galego volve ter os tres partidos de sempre: PPdeG, BNG e PSdeG.

Feijóo demostrou, unha vez máis, que é a gran sombra de Casado. Tan longa que pode acabar afogando ao actual líder do PP. A súa cuarta maioría absoluta fai que se converta no novo Fraga de Galicia. Ata agora, só el e o fundador do PP son os únicos políticos que obtiveron catro maiorías absolutas, e as catro consecutivas.

TAMÉN GAÑOU PONTÓN

Gañou Feijóo, pero tamén gañou Ana Pontón. Pontón conseguiu o que nunca antes conseguira outro líder do BNG, superar os históricos resultados de Xosé Manuel Beiras, quen no 1997 realizou o primeiro "sorpaso" ao PSdeG con 18 escanos e o 25,11% dos votos. Pontón obtivo 19 con case o 24%  dos votos, nuns resultados que demostran que o esfarelamento de todo o antigo espazo da Marea foi directamente ao BNG.

Pontón demostrou que foi crecendo ano tras anos e que os anos de experiencia política, desde o 2004 cando accedeu á Cámara galega, fixeron que se teña convertido nunha líder sólida dentro do BNG. O feito de ser muller e a única muller con capacidade de ser presidenta en Galicia axudoulle moito nesta campaña que os estrategas nacionalistas souberon ver e potenciar ao longo desta campaña.

A CAÍDA DE EN MAREA

E todo o que gañou o BNG perdeuno o antigo espazo de En Marea, tanto, que ningunha das dúas forzas que se presentaban dividadas, obtiveron escano. É a maior caída da gloria ao ocaso dunha formación política en Galicia. Os que estaban chamados a cambiar Galicia, acabaron sendo cambiados e aniquilados polos electores en boa medida, senón en toda, polas liortas internas que os foron minguando durante todos estes anos.

Gómez-Reino, o seu candidato, anunciaba unha "fonda reflexión" para analizar o futuro político. Un futuro político negro que pode acabar levando por diante ás mareas municipais que aínda subsisten en Ferrol, Santiago e A Coruña. Un espazo que, como no caso destes comicios, pode ir tamén para o BNG.

O PSdeG NON MOBILIZA

Tampouco gaña o PSdeG, máis ben perde. Perde porque, aínda que mantivo os resultados de hai catro anos, non foi quen de sumar nin un escano do esfarelado espazo de En Marea. E, en parte, porque Gonzalo Caballero era un líder novo, pouco coñecido e que non conseguiu mobilizar ou namorar aos antigos votantes socialistas. Se o PSdeG saca novamente os tambores de guerra pasará o mesmo dentro de catro anos.

Por iso, Caballero destaca a súa intención de manterse na oposición catro anos para ir madurando como líder e buscar o espazo e os electores perdidos. "Eu acabo de chegar. E non é chegar e bicar o santo", xustificaba para destacar a necesidade de estabilidade no liderato da súa formación.

OUTROS ACTORES

Os comicios tamén demostran que as propostas galeguistas de Marea Galeguista non callaron a pesar de dispor de tempo nos medios públicos. Un tempo que non tivo Galicia en Común pero que tampouco lle serviu a Marea Galeguista para entrar na Cámara.

E as eleccións galegas demostra que Galicia segue sendo un fortín contra a ultradereita. Vox volveu quedar fora do parlamento galego e sen representación nunhas eleccións. Polo momento, non hai representación en concellos, Cámara galega e Congreso desta formación. Nin tampouco Ciudadanos que paga, en parte, o esfarelamento que esta formación tivo nas eleccións xerais de novembro de 2019 e as posteriores divisións ata a eleccións de Inés Arrimaas como nova líder.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

1 galeguiña

Uno...Dos...Tres...Cuatro....Maaambo!!!

1 Xoldra

6x3+1. A subida máis grande dum partido político na Europa na última década. Mambo nom sei, pero muinheira haste fartar de oíla no Parlamento da Galiza...

2 galeguiña

A ver Xoldra, a min paréceme ben que vaias de festa polos 19 escanos; cando un ben da irrelevancia non se pode mais que medrar. Pero non te enganes, Galicia non é nacionalista: o Bloque só pode subir a costa do PSdG i eu non vexo aos votantes vigueses de Caballero apoiando a autodeterminación de Galicia. O mapa electoral é o que é. Hai un partido que gaña en caseque todos os concellos do País e nin sequera xuntando os votos de todos os demais son quen de lle gañar. Como queden as cousas na esquerda, non é cousa do PP. Se estás ledo cos resultados, eu tamén

3 nostrus

Xoldra, ese subidón del bloque solo puede suponer cojer cuerda para la proxima bajada. Y no te imaginas el hostion que puede llevar al caer desde tan alto. Lo siento por el Psoe, pero es lo que se merece al pactar con toda la porkeria que encuentra a su paso y que le supone asustar a la gente. Tambien lo siento por C´s, que es el único partido sensato capaz de hacer de puente entre PP y Psoe sin necesidad de que tengan que abrazar al diablo y ponerse la máscara de nacionalistas. C´s tuvo la oportunidad de alcanzar su objetivo hace unos meses y tiró dicha oportunidad por el desagüe y ahora le cuesta ganarse de nuevo la confianza de la gente. Una lástima.

4 Filloas

Nostrus. Estás haciendo una valoración de las elecciones gallegas en clave española. Basicamente no has entendido nada. Que pinta aquí Ciudadanos que ha pasado de ser una formación residual a otra todavía aún más residual.