Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 13:45
Galicia creou catro empresas biotecnolóxicas en 2019, de forma que foi a segunda comunidade que máis sociedades deste tipo puxo en marcha o ano pasado.
Así figura no Informe Asebio 2019, da Asociación Española de Bioempresas, no que se apunta que Cataluña estivo á cabeza, seguida de Galicia e País Vasco co mesmo número.
En concreto, o 5,73% das firmas 'biotech' de España, 43 sociedades, están en Galicia e facturan unha media de 8,3 millóns de euros.
Galicia "continúa sendo unha das comunidades máis dinámicas en creación de empresas 'biotech", destaca o Informe Asebio 2019.
As seis comunidades que concentran o maior número de empresas biotecnológicas (Cataluña, Madrid, Andalucía, País Vasco, Comunidade Valencia e Galicia) representan o 80,82% de tecido empresarial 'biotech' de toda España.
O catro empresas novas biotecnológicas son: Biorepositorio Iberia, HidrosphereLab, Hifas Veterinary e Zinereo Pharma.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.