Un gran incendio calcina Verín: queimadas 100 héctareas en só cinco horas

Tamén segue ardendo o do Porto do Son que queimou máis de 35 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

O incendio que afecta a Veríndesde a tarde deste mércores queimou xa máis 100 hectáreas. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o incendio de Verín iniciouse ás 15,41 na parroquia de Queirugás e en poucas horas xa se estendeu por 100 hectáreas.

Na zona traballan catro axentes, 12 brigadas, sete motobombas, unha pa, dez helicópteros e nove avións. A DXT mantén un aviso amarelo pola proximidade das chamas á estrada, o que está a provocar problemas de visibilidade para os condutores na A-52.

Ademais, permenece estabilizado desde primeira hora da mañá o incendio forestal que afecta á parroquia de Nebra, en Porto do Son, desde o martes. As chamas, segundo as últimas estimacións, queimaron 35 hectáreas. Nos traballos de control mobilizáronse ata o momento un técnico, 20 axentes, 31 brigadas, 23 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e seis avións.

OUTROS INCENDIOS

Ademais, segundo fontes de Medio Rural consultadas por Europa Press, este mércores rexistráronse outros incendios de menor envergadura nos concellos de Monterrei (Ourense), Cangas (Pontevedra), Vilalba (Lugo), Cartelle (Ourense) e Lobeira (Ourense).

O máis grande afectou a Monterrei, onde as chamas queimaron entre dúas e tres hectáreas. O resto foron conatos que xa se atopan extinguidos e que non chegaron a afectar a unha hectárea de superficie.

Imaxe de arquivo dun incendio en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de arquivo dun incendio en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta