Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 21:05
O triatleta galego Javier Gómez Noya cambiará o mundo do deporte pola música durante unhas horas. Será este venres en Pontevedra, cando o laureado deportista suba ó escenario de Praza de España coa banda Malkeda para interpretar unhas cancións á guitarra. Así o anunciou a banda de metal nun comunicado no que lembran que Gómez Noya xa formou parte das gravacións de estudo do álbum "Columbonio"..
Neste caso, o triatleta subirá ó escenario como artista invitado para interpretar en directo as composicións ás que contribuíu nas gravacións de 2017. O concerto, previsto para as 10 da noite no centro da cidade, forma parte do ciclo "Barullada de rock", no que a banda de metal ofrecerá unha interpretación adaptada ós tempos da covid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.