Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 14:40
Un intercambio de cifras entre o Secretario Nacional de CIG-Ensino Suso Bermello e La Voz de Galicia vén de saldarse coa "rectificación" do xornal, en palabras do sindicalista. A escea tivo lugar na mañá deste mércores logo de que Bermello interpelase ó xornal por Twitter para pedirlles que corrixiran unha información sobre as aulas do vindeiros curso por tratarse dunha "mentira descomunal".
Hai gabinetes da @Xunta e despois está @lavozdegalicia. Fagan o favor, corrixan isto: é unha mentira descomunal. Non se crean eses postos de traballo nin esas aulas. Colleron o DOG e non contrastaron coa situación previa de cada centro. pic.twitter.com/Umc5Oal4WD
— Suso Bermello (@susobermello) August 12, 2020
A peza en cuestión de La Voz cubría o reforzo de prazas docentes anunciado pola Consellería para o curso vindeiro, no que a dificultade para manter as distancias de seguridade e a falta de investimento vén encendendo os ánimos de profesores e anpas. Segundo destaca Bermello, o xornal tomou os datos totais de profesores e aulas presentáronos como o número de prazas que ían ser ampliadas, sen contrastar coa situación previa de cada centro.
Unhas horas despois do toque de atención de Bermello, o Secretario Nacional de CIG-Ensino celebraba a rectificación do xornal, que se desprendeu do gráfico cuestionado polo tuiteiro e pasou a incluír a versión dos sindicatos.
No NO-DO rectifican logo do escándalo de manipulación, borraron esas cifras e recollen resposta sindical. https://t.co/NKO3aerg2f
— Suso Bermello (@susobermello) August 12, 2020
A "manipulación" denunciada por Bermello tamén foi posta en boca dalgúns dos propios internautas de La Voz, que cuestionaron na caixa de comentarios da peza o cálculo desenvolto polo xornal. "Esta nova non é verdade. O que conta La Voz como novas unidades e novos docentes son os números actuais deses centros. Mirade ben o DOG", escribía un usuario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.