Críticas a Gonzalo Caballero por afirmar que en Corea do Norte os cans son para "consumo humano"

Un diplomático do réxime de Kim Jong-un respostou ó secretario do PSdG: "é unha pena que haxa tantos políticos ignorantes e bocazas coma vostede".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Tropezo en redes de Gonzalo Caballero. O secretario xeral do PSdG-PSOE vén de recibir as críticas e burlas dunha multitude de usuarios de Galicia e o resto do Estado logo de compartir unha noticia na que se afirma que o goberno de Corea do Norte vén de requisar os cans da poboación. Caballero decidiu aderezar a peza, publicada polo diario dixital El Español, defendendo que baixo o réxime de Kim Jong-un o can pasa a ser para "consumo humano".

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero

A afirmación de Caballero foi respostada polo polémico Alejandro Cao de Benós, un español nacionalizado en Norcorea que serve como enlace diplomático con occidente.

Xunto con Cao de Benós, multitude de tuiteiros acusaron a Caballero de ter caído nunha "noticia falsa". 

Tampouco faltou quen o acusou de estar a tecer unha cortina de fume para evitar pronunciarse sobre os casos de transfuguismo que nos últimos días tiveron lugar en Viana do Bolo e Castrelo de Miño.

Finalmente, dous días despois do comentario inicial, o secretario xeral do PSdG-PSOE recoñeceu o "rebumbio" causado polo tuit e aludiu ás dificultades para "acreditar" a información. "Cousas do réxime", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Riu

Acentuar ese SÉ (pronome persoal) debe ser cousa de Corea de Castilla. Brutal, brutal, e un pouco infame tamén. Pobre, é o que ten repetir o que se oe...

1 Riuriu

Pobre Gonzalo. No sé da cuenta que entre sus infames aliados de la extrema izquierda hay mucho fan de Corea del Norte. Así son de brutales.