"Bye Bye Plástico", a nova iniciativa da Xunta para coidar do medio ambiente

A conselleira de Medio Ambiente indicou que está en proceso unha lei de residuos, a cal prohibirá a venda de vaixelas dun só uso.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

"Bye Bye Plástico". Esa é a nova campaña da Xunta para tentar erradicar a contaminación por pláticos. Unha campaña que se presentou na Praza de Abastos de Santiago de Compostela coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, xunto a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na presentación da campaña 'Bye Bye Plástico'.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, xunto a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na presentación da campaña 'Bye Bye Plástico'. | Fonte: Sara Gil

A campaña da Xunta de Galicia que conta coa colaboración da TVG, pretende concienciar aos cativos, a mocidade e tamén aos adultos a utilizar materiais que non estraguen o planeta e a desfacerse destes residuos con responsabilidade. "Que mellor maneira de concienciar, que a través do futuro do país e facendoo dende ben pequenos", indica a conselleira de Medio Ambiente.

Ángeles Vázquez fixo fincapé no dano que está facendo agora mesmo ao planeta o uso das máscaras e das luvas, por mor da COVID-19. "As máscaras e as luvas teñense que depositar nun contenedor, non deixalas en calquera sitio, porque acabarán no noso mar", destaca.

"Dende a consellería de Medio Ambiente e da admistración xa temos en marcha a estratexia contra o cambio climático, en breve teremos aprobada tamén unha lei de residuos, a cal prohibirá a venda de vaixelas de plástico dun só uso", conclúe a conselleira de Medio Ambiente. 

"Debemos cambiar as dinámicas de "usar e tirar" de forma urxente, unhas dinámicas que se viron trocadas pola dura afectación da pandemia mundial que estamos a sufrir. O contexto da pandemia deulle enerxía a ese gran enemigo dos nosos mares, o plástico e outros residuos", destaca Rosa Quintana. 

"Bye Bye Plástico" é unha mensaxe en positivo, facendo pequenos xestos atendendo a sinxelos consellos, podemos mellorar o noso mundo", conclúe a conselleira do Mar. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Guay Guay Plástico ! O mellor negocio das Grandes Superficies ! http://gamela00.blogspot.com/2020/0...

1 André

Fomentando o galego coma sempre.