Faise o público espistolario de Virxinia Pereira, a muller que foi máis que esposa de Castelao

Foi unha destacada figura antifranquista e tamén o guieiro da memoria do seu home tras a súa morte.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Consello da Cultura Galega deita na rede o epistolario cruzado entre Virxinia Pereira e Valentín Paz-Andrade. Son 28 cartas que intercambiaron entre 1951 e 1967, nas que se achega información relevante para entender os conflitos xurídicos pola herdanza de Castelao.

Virxinia Pereira.
Virxinia Pereira. | Fonte: Consello de Cultura de Galicia

Nelas apréciase a firmeza dunha viúva en respectar a vontade do seu home, a complexidade do proceso xudicial da herdanza de Castelao, pero tamén o compromiso político e ideolóxico dunha figura que viviu á sombra do máximo expoñente do nacionalismo.

Estas cartas, dixitalizadas e transcritas do fondo Valentín Paz-Andrade inclúen tamén 15 misivas con outros correspondentes: José Ortega Spottorno, Alfonso Fidalgo-Pereira, Clemencia Pereira Renda e Pilar Rodríguez de Prada.

O epistolario complétase cunha reportaxe contextualizadora de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do CCG e un artigo asinado por Miguel Anxo Seixas Seoane que analiza a relación entre Virxinia e Castelao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta