A directiva da confraría Virxe do Carme de Arcade denuncia á expatrona por "irregularidades" nas contas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2020 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A nova directiva da confraría Virxe do Carme da localidade pontevedresa de Arcade presentou unha querela contra a expatrona da entidade, Rita Míguez de la Iglesia, por supostas "irregularidades" cometidas durante o seu mandato na xestión das contas.

Segundo informa a confraría nun comunicado emitido este venres, a directiva entrante dectectou "irregularidades", polo que encargou unha auditoría externa que descubriu "varios delitos cometidos" por Míguez de la Iglesia e o seu equipo.

Así, acusan á directiva saínte dos delitos de administración desleal, furto, extorsión e apropiación indebida, polo que expresan a súa anehlo de que "caia todo o peso da lei sobre os infractores".

Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade
Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade | Fonte: Páxinas galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta