Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 13:50
O orzamento da cidade de Ourense para a iluminación do Nadal duplicou ao do ano pasado, ao estar dotado de 350.000 euros, partida na que se inclúe a instalación, o mantemento e a retirada das luces.
En palabras do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, "é para embelecer a cidade durante as festas", ademais de para chegar a máis barrios e rúas con "maior número de elementos decorativos e unha mellor estética", abundou.
A primeira decisión sobre este orzamento foi tomada pola xunta do goberno local a principios de agosto, polo que non se prevía que a situación da pandemia "fose durar tanto tempo". Por parte dos partidos da oposición indicouse que, por iso, aínda que agora poida "parecer un orzamento excesivo", no momento fíxose con vistas a aumentar o consumo tanto en hostalaría como en pequenos comercios, e por tanto, era un "incentivo para a economía local á que falta lle facía" e "séguelle facendo".
Por iso, o edil popular Jesús Vázquez, ex alcalde do municipio, mantivo que calquera conclusión que se poida subtraer do aumento do orzamento "vai estar descontextualizada" porque "tampouco se sabe" se o gasto en luces sería maior "se agora se cancelase e houbese que devolver investimentos ás empresas que participaron na adxudicación". Por tanto, sinalou que haberá que esperar a que pase a tempada das compras do Nadal para facer unha valoración de "como saíu esa decisión".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.