Carme Varela, con 'As desterradas', gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais

Esther F. Carrodeguas e Carlos Losada-Galiñáns, premios Barriga Verde na modalidade para adultos e novos

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/11/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Carme Varela obtivo coa súa obra 'As desterradas' o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na edición do seu vixésimo quinto aniversario.

O xurado dos galardóns literarios que a Xunta convoca bienalmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) outorgou o XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para adultos e mozos a Esther F. Carrodeguas por 'República Sideral' e a Carlos Losada-Galiñáns por 'Pois eu!', respectivamente. Mentres, segundo informou a Consellería de Cultura, o XI Manuel María de literatura dramática infantil foi declarado deserto.

Para celebrar esta vixésimo quinta edición do galardón literario máis lonxevo de todos os do seu ámbito en Galicia, o departamento autonómico incrementou ata os 8.000 euros a dotación económica para a obra gañadora do Álvaro Cunqueiro, mentres que os outros dous recibirán 6.000 euros en cada caso.

Estes certames comparten o obxectivo de estimular a creación literaria para teatro en galego e contribuír á súa maior proxección social, de forma que as bases contemplan tamén a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións literarias que a Xunta mantén xunto con varias editoriais.

Carme Varela, gañadora do premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais. REMITIDA CONSELLERÍA DE CULTURA
Carme Varela, gañadora do premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais. REMITIDA CONSELLERÍA DE CULTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta