Carlos Núñez leva as raíces celtas da música galega a León nun concerto marcado polas restriccións covid

A interpretación terá lugar este venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

O Auditorio Cidade de León acolle este venres o concerto de Carlos Núñez, que ofrecerá unha celebración das raíces, a natureza e a arte de vivir que nos descobre a música celta e que comezará ás 19,30 horas cun prezo das entradas entre 19 e 23 euros.

Ao longo destes anos, Carlos Núñez vendeu máis dun millón de discos no mundo e logrou premios que avalan a súa traxectoria como o Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario aos Grammy latinos e outros galardóns en todo o mundo.

Ademais, o artista galego foi nomeado Embaixador Europeo do Medio Ambiente e actuou en Roma ante dous millóns de persoas convocadas polo Papa, segundo sinalaron fontes municipais a través dun comunicado recolleito por Europa Press.

Para garantir a seguridade dos espectadores limitouse o aforamento do Auditorio Cidade de León para que os asistentes poidan manter a distancia de seguridade e, ademais, extremaranse as medidas de hixiene, limpeza e desinfección.

Carlos Núñez
Carlos Núñez | Fonte: infotendencias.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta