Queres saber onde está o lugar con máis moroteiros de Galicia?
O parque da Picaraña ten 34 hectáreas. Alí se levou a cabo un programa de eliminación da acacia, plantación de frondosas, rutas de sendeirismo e, sobre todo, a protección dos érbedos ou moroteiros, un delicioso froito para facer marmeladas ou licores.