Advirten da posibilidade de graves danos se rebenta unha presa no río Verdugo

A rente do Chan-Pladever pide a Naturgy que alivie un pouco un aproveitamento eléctrico neste río para facer as reparacións necesarias.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/02/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Rente do Chan-Pladever pídelle a Naturgy que realice reparacións na presa de aproveitamento hidroeléctrico que ten no río Verdugo. Ademais cre que é "urxente" pechar as comportas, "darlle un respiro ao río" e evitar que o deterioro rebente a presa provocando danos na contorna, que se poderían extender incluso ás persoas e poboacións.

Presa de Naturgy no río Verdugo
Presa de Naturgy no río Verdugo | Fonte: remitida

Neste sentido, pídelle a Augas de Galicia que preciente a toma de auga deste aproveitamento por incumprimento concesional con resultado de degradación dos ecosistemas fluviais. Así, citan "a ruptura total do acceso migratorio, cortes reiterados do caudal ecolóxico, lonxitude de remanso maior da autorizada, inclusión da fauna fluvial na derivación e instalacións electromecánicas", entre outras.

A asociación cre que a degradación das infraestruturas pode provocar un accidente, e
que as empresas implicadas no aproveitamento, Naturgy coma concesionaria, e Elecdey como arrendataria --agora en mans dun fondo voitre-- , negaronse a realizar as melloras estruturais e ambientais que a Xunta lles ven reclamando dende 1994. "Resulta inquietante que Augas de Galicia solicitara á empresa o auscultado da presa en novembro de 2019, e que inda hoxe non se teña recibido contestación",

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta