Galicia contará cun equipo pioneiro en Europa para o tratamento do párkinson por utrasóns

Presenta unha eficacia clínica de cinco anos, durante os cales se consegue atrasar o párkinson ou o tremor esencial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUG) converterase no primeiro hospital de España en contar cun equipo de ultrasóns para o tratamento de pacientes con párkinson e tremor esencial que presenta unha eficacia clínica de cinco anos.

A compra deste equipamento foi autorizada este xoves no Consello da Xunta, que deu luz verde a un investimento de 2,4 millóns de euros para converter ao hospital compostelán no primeiro do país en ofrecer este tratamento que, segundo o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, está presente en poucos centros a nivel europeo.

Esta tecnoloxía, dada a coñecer no ano 2014 en Chicago e que consiste nun equipo de ultrasóns de frecuencia focalizada, presenta unha eficacia clínica de cinco anos, durante os cales se consegue atrasar o párkinson ou o tremor esencial.

A Xunta destaca que, con esta adquisición, o CHUS converterase en "unha referencia" no tratamento do párkinson e o tremor esencial, doenzas que padecen 4.000 e 35.000 persoas, respectivamente, en Galicia.

Parkinson
Parkinson | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta